Dentro
da programación de prevención no ámbito xuvenil que ASOCIACION VIEIRO realiza a
través do Programa de prevención deportiva: XOGO LIMPO, terá lugar unha xornada
preventiva de condutas aditivas relacionadas co consumo de sustancias A intervención
terá lugar o mércores día 23 de maio no Centro Artai ás 19:00 horas e será
impartida pola educadora social de Vieiro, Miriam Romero Traba.
Neste
obradoiro abordarase a prevención do consumo de sustancias e a potenciación de
habilidades de resistencia á presión de grupo de iguais tan significativa
nestas idades. Este obradoiro terá unha duración aproximada de 1:30 horas. Este
programa é totalmente gratuíto e está subvencionado polo Servizo de prevención
de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde
Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
O
obradoiro está destinado para os pais dos xogadores do CB Artai, así como para
os adestradores, técnicos e delegados do club.
No hay comentarios:
Publicar un comentario