domingo, 12 de julio de 2015

Adhesión por parte do club á medalla de ouro a Conservas Calvo

Dende o Club Baloncesto Artai queremos mostrar o noso recoñecemento a empresa Conservas Calvo por estes setenta e cinco anos de labor continuada no fomento da labor deportiva, cultural e social no noso concello, unido todo isto a súa labor económica, clave no desenrolo e prosperidade da nosa vila durante estes anos, sitúando a Carballo no mapa autonómico, nacional e internacional.



O progreso do Concello de Carballo está  ligado e asociado a Conservas Calvo e dende o mundo deportivo serían impensables, por non dicir imposibles, moitas das actividades feitas. Durante todos estes anos a súa aportación económica en todo tipo de eventos, o patrocinio de equipos de todas as disciplinas deportivas, a predisposición a apoiar calquera tipo de iniciativa fai que consideremos que sexan merecedores de recibir por primeira vez a medalla de ouro do Concello de Carballo, distinción merecidísima por todo o que levan aportado as actividades sociais, culturais e deportivas.

No caso do noso club, con quince anos de historia, o seu crecemento e a súa progresión nestas últimas temporadas, sería impensable sen a aportación e a axuda de Conservas Calvo, sempre colaborando en todas as actividades propostas dende o club.

Por todo isto, consideramos que a  concesión da medalla de ouro por parte do Concello de Carballo, a primeira que concede a nosa vila en toda a súa historia, debería recaer na empresa Conservas Calvo.

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...