martes, 26 de julio de 2011

Para os que querian e teñan tempo

 

La Playa del Samil será el escenario de este torneo 3 contra 3 dirigido a chicos y chicas a partir de 16 años.

BBVA NBA Tour Experience llega a Vigo, los próximos 30 y 31 de julio, entre las 11h y las 20h el sábado y de 10h a 15h el domingo. La Playa del Samil será el próximo escenario del BBVA NBA Tour Experience, y en el que pueden participar chicos y chicas a partir de 16 años. Además de los partidos del propio torneo, también habrá sesiones y concursos de baloncesto, varias actividades BBVA NBA y ¡mucho más!

No te lo pierdas, ¡inscríbete ahora!

Comezo da pretemporada

Metidos de cheo no mes de xullo, por certo con moi poco bo tempo, no colexio levamos todo este mes de reunión en reunión para planificar a temporada 2011/2012. Deste xeito, acordamos ter unha reunión con todos os xogadores junior, cadete e infantil o mércores 17 de agosto ás 20:00 horas no Centro Artai. Será unha primeira toma de contacto entre os xogadores e os adestradores. É moi importante a asistencia para saber os horarios de adestramento, así como as normas e novidades para a temporada.Nos próximo día recibiredes a comunicación vía SMS, email, facebook ou tuenti.

domingo, 10 de julio de 2011

Balance dos Xogos

Acabouse o que se daba; remataron os Xogos na cidade de Matosinhos e xa estamos de volta na casa. Toca reflexionar, facer balance de toda a competición e sacar conclusións, que teñen que ser moitas e penso que moi boas. Para min o mellor de todo foi a boa relación de todo o grupo, a convivencia de todos estes días, tanto en Oporto como nas tres semanas previas de adestramento. Moi bo ambiente, o que se reflexou na pista. Para min a mágoa foi o partido de cuartos; saiunos mal todo o que tiñamos preparado e o nivel de acerto foi o peor. Pese a ese mal partido, o balance do torneo foi bo.

Toca agora poñer os "premios" vosos, as vosas votacións:

-Mellor xogador dos Xogos
  1. Fer Mariño
  2. Jorge Guillamet
  3. Carlos Fuentes e Sergio
-Máximo anotador dos Xogos
  1. Sergio Cebral
  2. Jorge Guillamet
  3. Javier García
-Xogador máis simpático
  1. Xabier González
  2. Lolo
  3. Javier García
-O mellor dos Xogos:

  1. As partidas de cartas na primera planta do hotel
  2. O bon rollo do grupo
  3. O bo recordo que nos levamos para Carballo
-O peor dos Xogos:
  1. As comidas
  2. As cenas
As esperas no ascensor

Diario dos Xogos: ultimo dia


Concello de A Coruña, 34-Concello de Carballo,48
Concello de Carballo: Fer Mariño (5), Fidi (1), Sergio (12), Carlos (2), Javi (11)-cinco inicial-Lolo (4), Xabi (3), Manu (2), Carlos Villarín (0) e Jorge (8)
Incidencias: Ultimo partido dos carballeses en Matosinhos e fin dos Xogos do Eixo, cunha nova victoria sobre a Coruña. Esta victoria supon para a expedición carballesa o quinto posto,una moi boa clasificación, tendo en conta o grupo no que comezaron e os cruces posteriores.
Moi bo partido, en liñas xerais, dos xogadores de Moreira e Brandon, dominando o ritmo de partido e levando o control no marcador o longo de todo o encontró. Os carballeses sairon a disfrutar xogando, a pasalo ben e dese modo, gracias a unha moi boa circulación de balón, a una intensa defensa (clave no bo campeonato do equipo)e o acerto nos momentos claves acadaron a victoria, a cuarta nestes Xogos e remataron cun moi bo sabor de boca a s´´ua participación.
O cuadro de honra final quedou do seguinte modo:
1. Matosinhos
2. Lugo
3. Santiago
4. Pontevedra
5. Carballo
6. A Coruña
7. Vila Nova de Familicao
8. Sarria
9. Ourense
10. Barcelos
11. Vila Nova de Gaia
12. Viana do Castelo
13. Penafiel

jueves, 7 de julio de 2011

Diario dos Xogos: día 9


Vila Nova de Familicao, 33-Concello de Carballo,40

Concello de Carballo: Fer Mariño (1), Manu (2), Jorge (11), Carlos (0), Javi (8)-cinco inicial-Lolo (1), Xabi (2), Fidi (0), Carlos Villarín (0) e Sergio (15)

Incidencias: Partido na loita polo quinto posto xogado no pavillón de Guifoes na mañán do xoves. Terceira victoria dos carballeses nos Xogos o que lles permite disputar o venres o quinto posto fronte a selección de Coruña. Pero para lograr a victoria os carballeses tiveron que sudar e moito para vencer a un equipo portugués que lles puxo as cousas tremendamente complicadas ós de Moreira. Arrancou mal o partido para os nosos, moi despistados en defensa e perdidos en ataque. Cun parcial de 7 a 1 chegábase ó ecuador do primeiro cuarto. Trocaron a defensa os carballeses, voltaban a presión a todo o campo e un parcial de 10-0, poñíaos por diante no marcador (7-11). Parecían aclararse as cousas, pero nada máis lonxe da realidade. Os carballeses cometían múltiples erros en ataques e o seu rival, sen ser nada do outro venres, seguía no partido.

Cando peor pintaba para os intereses carballeses, cando o rival se puxo 31-27 e menos de catro minutos para xogar, o acerto nos tiros libres ( seis anotados de forma consecutiva), unha pesada losa todo o torneo, poñía por diante a escuadra carballesa e facía a parte final do partido algo máis levadeira.

Mañán ,remata a participación nos Xogos dos carballeses, xogando ás 11:00 horas ante Coruña. En xogo o quinto posto.

miércoles, 6 de julio de 2011

Diario dos Xogos: día 9 segunda parte

Matosinhos, 53-Concello de Carballo,27

Concello de Carballo: Fer Mariño (1), Sergio (0), Jorge (11), Carlos (6), Javi (7)-cinco inicial-Lolo (2), Xabi (0), Fidi (0), Carlos Villarín (0) e Manu (0)

Incidencias: Derrota no partido de cuartos de final do equipo de Carballo, que caeu con xutiza ante un rival superior, si ben é certo que o marcador non reflexa o visto sobre a pista portuguesa. Foron mellores os locais, impecables no un por un , indose unha e outra vez dos defensores carballeses;tamén superaron moi ben a defensa presionante dos de Joaquín e para rematar a faena, acadaron un alto nivel de acerto no seu tiro exterior. Para colmo, para desgracia dos carballeses, tiveron un día nefasto no triple (2 de 21) e peor nos tiros libre (7 de 22). Pero pese a todas estas estadísticas negativas, o partido non se rompe ata chegar ós últimos cinco minutos, cando todos estes factores confluiron sobre o parquet do pavillón luso.Incluso, pese o desastre de partido, os de Joaquín sempre estiveron pelexando e non permitindo que o rival se fose de máis de dez puntos. Incluso no terceiro cuarto, a forte defensa carballesa deixaba ós locais en so tres puntos. O problema foi o desacertó nese periodo, onde so anotaban tres puntos e chegaron a errar oito tiros libres de xeito consecutivo. Con tantas facilidades, os locais foron a polo partido no último parcial, ante a impotencia e descerto dos carballeses.

Toca recuperarse para tratar de acadar o quinto posto, para iso, mañán xoves ás 12:00 horas, xogan ante outro equipo portugués,o Vilanova de Familacao.

Diario dos Xogos: día 9 primeira parte

Xa están decididos os cuartos de final dos IX Xogos do Eixo. A nós tócanos bailar cunha das máis "feas", co equipo local, cun pavillón que vai a estar a rebosar e con todos os equipos portugueses apoiando ó noso rival. Ademais o segundo día da competición foi moi duro, con tres xogadores "tocados" aínda que os tres van a ser da partida de hoxe. Tanto Lolo, cun corte preto do ollo, com Javi, cun golpe na cara e na espalda e Sergio, cun golpe na rodilla poderán xogar no partido de hoxe.

Os cruces de cuartos de final son os seguintes:

15:00-Santiago-A Coruña

16:00-Lugo-Sarria

17:00-Pontevedra-Vila Nova de Familicao

18:00-Matosinhos-Carballo

martes, 5 de julio de 2011

Diario dos Xogos: día 8 segunda parte

Penafiel,24-Concello de Carballo,61

Concello de Carballo: Fer Mariño (9), Sergio (15), Jorge (16), Carlos (4), Javi (2)-cinco inicial-Lolo (4), Xabi (1), Fidi (5), Carlos Villarín (2) e Manu (2)

Incidencias: Victoria e liderato de grupo para os carballeses que remataron esta primeira fase “in crescendo”, despois de caer derrotado na xornada inaugural. Partido dominanado dende o salto inicial polos carballeses que xa no minuto 1 vencían por 9, gracias a unha defensa presionante que impedía ós lusos pasar o medio do campo. Ese bo arranque espoleou ós de Moreira e Diego, sabedores que gañando de máis de 24 puntos, subirían ó primeiro posto, superando no “average” a Coruña e Gaia. Coa mesma defensa e con toda a rotación do banquillo, anotaron os dez xogadores carballeses, a diferencia seguiu aumentado ata cehgar a esa diferencia final.

Mañán os carballeses loitarán nos cuartos de final, cun rival aínda por decidir

Diario dos Xogos: día 8 primeira parte


Concello de A Coruña, 40-Concello de Carballo,44

Concello de Carballo: Fer Mariño (7), Sergio (17), Manu (7), Carlos (2), Lolo (6)-cinco inicial-Jorge (2), Xabi, Fidi (3), Carlos Villarín e Javi (2)

Incidencias: Bo ambiente nas gradas do pavillón de Guifoes para ver o segundo partido dos carballeses nos Xogos. Enfronte, un equipo coruñés que viña de vencer na primeira xornada a Penafiel cun bo xogo e cunha gran intensidade. Gañaron os máis necesitados, os bergantiñáns, ós que so lles valía a victoria para seguir con vida no torneo.Esa ansiedade traduciuse no xogo; os coruñeses de Héctor e de Patricia, liderados por un sensacional Lluis de la Riba, levaban o rtimo do partido e do marcador, con vantaxes nunca superiores ós dez puntos, pero coa sensación d elevar o partido ó seu antoxo. E cando todo parecía decidido (37-30 para os coruñeses e menos de tres minutos por xogar) tres balóns roubado de xeito consecutivo meteron os carballeses no partido, que finalmente acabarían gañando por un marcador de 44 a 40.

Toca rematar a faena gañando a Penafiel, pero ollos coas combinacións: quedamos segundos, sempre e cando gañemos e Coruña perda ou gañe de menos de 3 ou de máis de sete. Quedamos terceiros, perdendo Coruña e podendo perder ata de vinte. Quedamos eliminados si Coruña gaña e nos perdemos contra Penafiel, co cal a tarde promete emocións fortes.

lunes, 4 de julio de 2011

Diario dos Xogos: día 7


Vila Nova de Gaia, 47-Concello de Carballo,42

Concello de Carballo: Fer Mariño (11), Sergio (5), Jorge (9), Carlos (6), Javi (4)-cinco inicial-Manu Pereira, Xabi, Fidi (5), Carlos Villarín e Lolo (2)

Incidencias: Primeiro partido dos carballeses nun pavillón ateigado de xente, con desigual reparto de forzas (nove seguidores carballeses e maís dun cento chegados dende a localidade de Gaia). Iso si, os poucos carballeses que había, non deixaron de animar durante todo o encontro.

Faltoulle ou máis ben sobroulle un minuto ós carballeses no seu debut nos Xogos. Os xogadores da capital de Bergantiños dominaron, con escasas rentas, iso si, ante un rival moi aguerrido, cunha defensa ó borde do lílmite do reglamento, cando non por riba del. Defensa durísima dos lusos durante os corenta minutos cunha intensidade realmente encomiable. Ante iso os carballeses sempre mantiveron o tipo, tendo fases de moi bo xogo e amenazando con romper o partido en varias ocasións. No treito final, cando faltaban cinco minutos para o final do partido, con sete arriba (28-35), os portugueses apretaron unha tuerca máis a xa de por sí defensa e un par de erros no saque meteron novamente ó seu rival no partido.Nun final de infarto, onde a victoria podía caer de cada lado, a victoria sorriu ós portugueses, acadando a máxima diferencia no marcador.

Toca recuperarse e mañan o calendario é duro: ás dez da mañán derbi contra A Coruña e as seis da tarde, frente a Penafiel

Diario do Xogos: día 6

Despois de todo un día por Portugal adiante por fin chegamos ó hotel, no luxoso AC Porto. Iso si, case catro horas de viaxe despois, despois dunha longa ceremonia de inauguración de dun montón de horas de pe. Menos mal que con nos estaba Francisco García, que nos fixo a espera máis amena e máis entretida.

sábado, 2 de julio de 2011

Diario do Xogos: dia 5














Dia previo a partida para Matosinhos,cunha boa noticia, pois Carlos Villarin lesionado na sesion do mercores e que non puido participar na sesion do xoves e do venres. O golpe na rodilla non foi a mais e poder partir co resto do equipo na mañan do domingo rumbo a Matosinhos.

viernes, 1 de julio de 2011

Diario dos Xogos: día 4

Nótase no ambiente que a competición se achega, que o día da partida xa está no horizonte... Hoxe venres, última sesión de adestramento, precedida da foto oficial do equipo. Non puido vir ó alcalde, pero si que asistiu o xerente do Patronato Deportivo Municipal de Carballo.

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...