miércoles, 6 de julio de 2011

Diario dos Xogos: día 9 segunda parte

Matosinhos, 53-Concello de Carballo,27

Concello de Carballo: Fer Mariño (1), Sergio (0), Jorge (11), Carlos (6), Javi (7)-cinco inicial-Lolo (2), Xabi (0), Fidi (0), Carlos Villarín (0) e Manu (0)

Incidencias: Derrota no partido de cuartos de final do equipo de Carballo, que caeu con xutiza ante un rival superior, si ben é certo que o marcador non reflexa o visto sobre a pista portuguesa. Foron mellores os locais, impecables no un por un , indose unha e outra vez dos defensores carballeses;tamén superaron moi ben a defensa presionante dos de Joaquín e para rematar a faena, acadaron un alto nivel de acerto no seu tiro exterior. Para colmo, para desgracia dos carballeses, tiveron un día nefasto no triple (2 de 21) e peor nos tiros libre (7 de 22). Pero pese a todas estas estadísticas negativas, o partido non se rompe ata chegar ós últimos cinco minutos, cando todos estes factores confluiron sobre o parquet do pavillón luso.Incluso, pese o desastre de partido, os de Joaquín sempre estiveron pelexando e non permitindo que o rival se fose de máis de dez puntos. Incluso no terceiro cuarto, a forte defensa carballesa deixaba ós locais en so tres puntos. O problema foi o desacertó nese periodo, onde so anotaban tres puntos e chegaron a errar oito tiros libres de xeito consecutivo. Con tantas facilidades, os locais foron a polo partido no último parcial, ante a impotencia e descerto dos carballeses.

Toca recuperarse para tratar de acadar o quinto posto, para iso, mañán xoves ás 12:00 horas, xogan ante outro equipo portugués,o Vilanova de Familacao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...