jueves, 7 de julio de 2011

Diario dos Xogos: día 9


Vila Nova de Familicao, 33-Concello de Carballo,40

Concello de Carballo: Fer Mariño (1), Manu (2), Jorge (11), Carlos (0), Javi (8)-cinco inicial-Lolo (1), Xabi (2), Fidi (0), Carlos Villarín (0) e Sergio (15)

Incidencias: Partido na loita polo quinto posto xogado no pavillón de Guifoes na mañán do xoves. Terceira victoria dos carballeses nos Xogos o que lles permite disputar o venres o quinto posto fronte a selección de Coruña. Pero para lograr a victoria os carballeses tiveron que sudar e moito para vencer a un equipo portugués que lles puxo as cousas tremendamente complicadas ós de Moreira. Arrancou mal o partido para os nosos, moi despistados en defensa e perdidos en ataque. Cun parcial de 7 a 1 chegábase ó ecuador do primeiro cuarto. Trocaron a defensa os carballeses, voltaban a presión a todo o campo e un parcial de 10-0, poñíaos por diante no marcador (7-11). Parecían aclararse as cousas, pero nada máis lonxe da realidade. Os carballeses cometían múltiples erros en ataques e o seu rival, sen ser nada do outro venres, seguía no partido.

Cando peor pintaba para os intereses carballeses, cando o rival se puxo 31-27 e menos de catro minutos para xogar, o acerto nos tiros libres ( seis anotados de forma consecutiva), unha pesada losa todo o torneo, poñía por diante a escuadra carballesa e facía a parte final do partido algo máis levadeira.

Mañán ,remata a participación nos Xogos dos carballeses, xogando ás 11:00 horas ante Coruña. En xogo o quinto posto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...