domingo, 10 de julio de 2011

Balance dos Xogos

Acabouse o que se daba; remataron os Xogos na cidade de Matosinhos e xa estamos de volta na casa. Toca reflexionar, facer balance de toda a competición e sacar conclusións, que teñen que ser moitas e penso que moi boas. Para min o mellor de todo foi a boa relación de todo o grupo, a convivencia de todos estes días, tanto en Oporto como nas tres semanas previas de adestramento. Moi bo ambiente, o que se reflexou na pista. Para min a mágoa foi o partido de cuartos; saiunos mal todo o que tiñamos preparado e o nivel de acerto foi o peor. Pese a ese mal partido, o balance do torneo foi bo.

Toca agora poñer os "premios" vosos, as vosas votacións:

-Mellor xogador dos Xogos
  1. Fer Mariño
  2. Jorge Guillamet
  3. Carlos Fuentes e Sergio
-Máximo anotador dos Xogos
  1. Sergio Cebral
  2. Jorge Guillamet
  3. Javier García
-Xogador máis simpático
  1. Xabier González
  2. Lolo
  3. Javier García
-O mellor dos Xogos:

  1. As partidas de cartas na primera planta do hotel
  2. O bon rollo do grupo
  3. O bo recordo que nos levamos para Carballo
-O peor dos Xogos:
  1. As comidas
  2. As cenas
As esperas no ascensor

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...