lunes, 4 de julio de 2011

Diario dos Xogos: día 7


Vila Nova de Gaia, 47-Concello de Carballo,42

Concello de Carballo: Fer Mariño (11), Sergio (5), Jorge (9), Carlos (6), Javi (4)-cinco inicial-Manu Pereira, Xabi, Fidi (5), Carlos Villarín e Lolo (2)

Incidencias: Primeiro partido dos carballeses nun pavillón ateigado de xente, con desigual reparto de forzas (nove seguidores carballeses e maís dun cento chegados dende a localidade de Gaia). Iso si, os poucos carballeses que había, non deixaron de animar durante todo o encontro.

Faltoulle ou máis ben sobroulle un minuto ós carballeses no seu debut nos Xogos. Os xogadores da capital de Bergantiños dominaron, con escasas rentas, iso si, ante un rival moi aguerrido, cunha defensa ó borde do lílmite do reglamento, cando non por riba del. Defensa durísima dos lusos durante os corenta minutos cunha intensidade realmente encomiable. Ante iso os carballeses sempre mantiveron o tipo, tendo fases de moi bo xogo e amenazando con romper o partido en varias ocasións. No treito final, cando faltaban cinco minutos para o final do partido, con sete arriba (28-35), os portugueses apretaron unha tuerca máis a xa de por sí defensa e un par de erros no saque meteron novamente ó seu rival no partido.Nun final de infarto, onde a victoria podía caer de cada lado, a victoria sorriu ós portugueses, acadando a máxima diferencia no marcador.

Toca recuperarse e mañan o calendario é duro: ás dez da mañán derbi contra A Coruña e as seis da tarde, frente a Penafiel

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...