martes, 5 de julio de 2011

Diario dos Xogos: día 8 primeira parte


Concello de A Coruña, 40-Concello de Carballo,44

Concello de Carballo: Fer Mariño (7), Sergio (17), Manu (7), Carlos (2), Lolo (6)-cinco inicial-Jorge (2), Xabi, Fidi (3), Carlos Villarín e Javi (2)

Incidencias: Bo ambiente nas gradas do pavillón de Guifoes para ver o segundo partido dos carballeses nos Xogos. Enfronte, un equipo coruñés que viña de vencer na primeira xornada a Penafiel cun bo xogo e cunha gran intensidade. Gañaron os máis necesitados, os bergantiñáns, ós que so lles valía a victoria para seguir con vida no torneo.Esa ansiedade traduciuse no xogo; os coruñeses de Héctor e de Patricia, liderados por un sensacional Lluis de la Riba, levaban o rtimo do partido e do marcador, con vantaxes nunca superiores ós dez puntos, pero coa sensación d elevar o partido ó seu antoxo. E cando todo parecía decidido (37-30 para os coruñeses e menos de tres minutos por xogar) tres balóns roubado de xeito consecutivo meteron os carballeses no partido, que finalmente acabarían gañando por un marcador de 44 a 40.

Toca rematar a faena gañando a Penafiel, pero ollos coas combinacións: quedamos segundos, sempre e cando gañemos e Coruña perda ou gañe de menos de 3 ou de máis de sete. Quedamos terceiros, perdendo Coruña e podendo perder ata de vinte. Quedamos eliminados si Coruña gaña e nos perdemos contra Penafiel, co cal a tarde promete emocións fortes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...