viernes, 30 de septiembre de 2011

A polémica que envolve estos días ó baloncesto galego

Supoño que a estas alturas, haxa pouca xente que non saiba todo o que está a acontecer na Federación Galega de Baloncesto. A dimisión de tres dos "pesos pesados" do organismo,as declaracións en distintos medios, os comunicados da FEGABA, algunhas tertulias de radio,...

Hai moitos sitios, onde podedes analizar todo o caso:

Basket Galicia: canalizadora de toda a información que apareceu

FEGABA: versión oficial de todo o tinglado

Javier Codesido: o punto ácido, o puntos sobre a í, que non se corta un pelo, vamos.

Ben, neste tres sitios podedes atopar toda a información para que vos fagades unha idea máis clara de todo este asunto. Un asunto que comeza a finais de xuño, coa dimisión do ata entón Director Deportivo, Iago Casal, disconforme co novo sistema de competición entre outras cousas. 

Co novo sistema de competición, onde entre outras modificacións aparace un baremo para dirimir que equipos teñen acceso a 1ª División , antiga liga galega. Por certo dito baremo, para desgracia do noso equipo cadete modificase un par de veces, non entrando tras eses  sospeitosos cambios, pero esa é outra guerra. Ben, continuemos, con ese novo sistema, creanse grupos por toda a xeografía galega, utilizando o criterio da proximidade xeográfica. Pois con dito criterio, o noso equipo junior, queda, nun primeiro momento, nun grupo con outros sete equipos da delegación coruñesa e con Foz e Viveiro, os que supoño que lles faría a mesma gracia que nos.Outro exemplo, en junior femenino,os equipos coruñeses quedan emparellados con Ribeira e Boiro e Betanzos cos equipos de Lugo.

Ante esta desfeita, os equipos coruñeses reunimonos fai tres semanas para pedir que agrupen os clubes por delegacións ou que se use o famoso criterio xeográfico.Asinamos un documento que facemos chegar á FEGABA e a Secretaría Xeral para o Deporte.A petición é aceptada e cambianse os grupos e polo tanto os calendarios.

Pero lonxe de rematar a tormenta, a treboada arrecia esta semana con toda esta "guerra de declaracións" que fan que o problema siga persistindo.Supoño que hai que dicir que continuará...

miércoles, 28 de septiembre de 2011

En marcha a VII edicion do Torneo do Pilar

 A VII edicion do Torneo do Pilar xa leva uns cantos dias en marcha. A falta de perfilar un par de detalles, xa teñen confirmada a sua presencia os seguintes clubes:

  • CB Artai
  • EBX Xiria
  • CB Culleredo
  • Obradoiro de Santiago
  • CB Vilagarcia
En proximos dias engadiremos os calendarios do torneo, que se disputara nos dous pavillons municpais do Concello.

martes, 27 de septiembre de 2011

Horario de partidos para este fin de semana


Despois do debut dos juniors o pasado fin de semana en Carballo, este sábado comezan a temporada os xogadores de Javier Cotelo. Os carballeses reciben o sábado, ás catro da tarde, o Hogar de Santa Margarita de A Coruña no pavillón da Zona Escolar. Bos recordos lles traerá ós xogadores de Cote, pois nesa mesma pista foi onde xogaron o seu último partido oficial da temporada pasada, onde lograron o título de campións da Copa Galicia.

Mentras tanto os juniors, xogan o seu primeiro partido fora de Carballo, visitando o CD Los Rosales. O partido, o sábado ás 12:00 no instituto coruñés

sábado, 24 de septiembre de 2011

Victoria no debut do equipo junior, 87 a 49 ante o BCA Urbano Lugrís



Xornada 1-Liga provincial

CB Artai, 87-BCA Urbano Lugrís, 49

CB Artai(22+28+18+19): Javier (6), Carlos Fuentes (8),Fer Mariño (10), Alesandro (19), Sergio(4)-cinco inicial-Samuel (22), Marcos (4),Fidi,Lolo (8),Villarín (4),Jorge (9) y Dani (1)

Incidencias: Moi boa entrada no pavillón Bergantiños para ver o partido inaugural do equipo junior carballés. Victoria clara e contundente dos colexias, basada no excelente rirmo de xogo ó longo dos corenta minutos, no gran rendemento dos xogadores saidos do banco( 50 puntos ) e no gran traballo defensivo.Mostraronse moi serios os xogadores de Moreira e mesmo tiveron momentos de gran calidade baloncestística fronte a un rival, os coruñeses, que nunca baixaron os brazos, pero onde pesou o pouco tempo de adestramento (so levan unha semana).

Comezaron moi forte os carballeses:presión a toda a pista, incomodando a subida de balón do rival, tratando de tapar todas as liñas de pase e sen conceder ningún tiro cómodo.Pese a iso, os coruñeses mantiñanse no marcador e remataban o primiero cuarto so oito abaixo (22-14). Pero o mellor estaba por vir e pasou no segundo cuarto, onde os carballeses uniron una boa defensa a un gran acerto en ataque, culminado cun triple dende o medio do campo de Jorge Guillamet (50-24).Nese parcial, remataba o partido, sendo os segundos vinte minutos casi intrascendentes onde os dous equipos deixaron xogar e que pasasen os minutos.

viernes, 23 de septiembre de 2011

Comeza a temporada, arranca o equipo junior

Mañán, sábado, arranca a temporada para o primeiro dos equipos do CB Artai que entran en competición. Será o equipo junior masculino, primeira formación desta categoría que se crea dende a creación do Club Baloncesto Artai.
Os carballeses reciben ó Básquet Coruña Urbano Lugrís na primeira xornada de competición, ás 12:00 no pavillón Bergantiños. O adestrador local, Joaquín Moreira convocou ós seguintes xogadores para este debut ligueiro:
·        Bases: Fernando Mariño e Jorge Guillamet
·        Escoltas: Carlos Villarín e Fidi.
·        Aleros: Alesandro, Sergio, Samuel e Javi
·        Pivots: Carlos Fuentes, Lolo, Marcos Suárez e Dani Otero


martes, 13 de septiembre de 2011

Resumen do XXX Aniversario Santo Domingo de Betanzos


Me permito el lujo de coger la crónica de la web del CB Santo Domingo de Betanzos, publicada en la tarde de ayer. Agradecer la invitación para participar en el torneo del pasado sábado a dos de nuestros equipos, el infantil y el cadete.

Maratoniana tarde de basket la vivida en la tarde del sábado en el Vales Villamarín. A las 3 de la tarde ya empezaron a llegar los equipos y a las 4 el balón ya botaba abriendo el melón de la temporada 2011-2012.
Los primeros en jugar fueron los infantiles de AJSC y Santo Domingo. Y ya para empezar, una prórroga, que se llevaría Lugo por 4 puntos. Los cadetes sólo aguantaron un cuarto a los lucenses, cayendo claramente en el segundo cuarto. Este primer test del novísimo equipo cadete recién formado dejó malas sensaciones, pero aún quedaba mucha tarde. 
Fué momento para los infantiles de Artai y AJSC, que depararon un duelo más igualado que nuevamente caería de lado lucense, haciendo valer su superioridad física. Mucho más apretado estaría el duelo cadete, donde no se decidiría hasta la última posesión que tuvo Artai en sus manos para llevarse el triunfo. No fué así. 
El duelo infantil entre Artai y Santo estaría igualado hasta los ultimos compases, venciendo los locales de nuevo por un estrechisimo margen. Y para margen estrecho, el del duelo cadete, que se decidió por un sólo punto tras un último minuto de infarto, con estrategia por ambos banquillos y emoción hasta el final, donde los carballeses tuvieron el balón de victoria pero no lograron un tiro claro, cayendo de lado del Santo la victoria por ¡un sólo punto!. 
En definitiva, una fantástica prueba de pretemporada y una nueva demostración que que los clubes sí que tienen voluntad y ganas de hacer cosas sencillas, útiles y buenas para todos. 

viernes, 9 de septiembre de 2011

XXX Torneo Santo Domingo de Betanzos



Sigue a preparación dos equipos do CB Artai para afrontar a temporada 2011/2012. Tras os tres partidos amigables xogados na xornada do pasado sábado en Carballo, o club desplaza este sábado a dous dos seus equipos, o infantil A e o cadete a xogar o “XXX Aniversario Santo Domingo de Betanzos”. Ademais do equipo local e o CB Artai o terceiro equipo invitado e o Sagrado Corazón de Lugo

O torneo xogarase en formato de 3X1 (dous cuartos de dez minutos cada partido) na pista de Vales Villamarín de Betanzos co seguinte horario para os nosos equipos:

17:40-CB Artai-Sagrado Corazón de Lugo-Infantil

18:30-CB Artai-Sagrado Corazón-Cadete

19:20-Santo Domingo de Betanzos-CB Artai-Infantil

20:10-Santo Domingo de Betanzos-CB Artai-Cadete

A expedición carballesa partirá do Haley ás 15:30 horas


Derrota dos juniors no segundo test de pretemporada


CB Artai, 49-CB Laracha, 56

Carlos Villarín, Javi (2), Carlos Fuentes (8), Fidi (6), Sergio (5), Dani, Jorge (6), Lolo (7), Samuel (2) e Alesandro (13)

Segundo partido de pretemporada para os juniors do colexio e derrota ante o equipo senior de Laracha. Partido xogadoa ás catro da tarde no pavillón da Zona Escolar de Carballo que supoñía o debut de Alesandro coa camiseta azul do CB Artai.

Caeron os de Joaquín ante un xoven equipo de Laracha, onde os máis veteranos son o propio Jesús e o carballés Brandón. Comezaron dominando os carballeses, nun bo primeiro cuarto (20-8) pero co paso dos minutos foron asentándose os laracheses e controlando o ritmo do partido. Destacar a aportación de Alesandro no seu debut.

Derrota do equipo junior no primeiro partido de pretemporada por 80 a 83


CB Artai, 80-CB SantYago,83

Primeiro test de pretemporada para os xogadores de Joaquín Moreira a primeira derrota. Bo ambiente no pavillón Bergantiños para asistir a este partido e bo espectáculo o frecido polos dous equipos. Destacar a aportación ofensiva dos máis "cativos" do partido; o base carballés Jorge, cadete de primeiro ano foise os 31 puntos e o seu rival, Jonathan, sumou un máis.

lunes, 5 de septiembre de 2011

Derrota do equipo infantil no primeiro test de pretemporada

CB Artai, 45-Frutas Esther Sant Yago, 74

Parciais: 11-16;14_20;6-23;14-15

Anotadores: Alex Cotelo (6), Fidi (4), Santi Pena (9), Andrés (2), Diego, Sergio (10) e Sergio Pose (14)

Derrota clara do equipo infantil ante a formación coruñesa. Os carballeses, que so puideron contar con sete xogadores dos cales ó puco tempo se lesionou Diego mallo, pouco puideron facer ante o equipo de Jorge López. Aguantaron o tipo nos dous primeiros cuartos, pero un mal inicio no terceiro parcial foi unha pesada losa para os xogaodres de Diego Rivas.

jueves, 1 de septiembre de 2011

Volvemos...


Despois de tres semanas de adestramento, tres dos equipos que este ano forman parte da estructura do Culb Baloncesto Artai, arrancan cos partidos de pretemporada este sábado, primeiro do mes de setembro.

 Os equipos infantil, cadete e junior, todos de categoría masculina, comezaron os seus adestramentos o pasado 17 de agosto. A principal novidade do club, xunto co incremento de equipos para esta temporada (pasan de nove a once), é a aparición dun equipo junior masculino, por primeira vez na historia do club.

Os partidos amistosos deste sábado xogaránse no pavillón Bergantiños co seguinte horario:
  • Infantil masculino: CB Artai-Sant Yago ás 10:30 horas
  • Junior masculino: CB Artai-Sant Yago ás 12:30 horas
  • Cadete masculine: CB Artai-Sant Yago ás 16:30 horas

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...