viernes, 30 de septiembre de 2011

A polémica que envolve estos días ó baloncesto galego

Supoño que a estas alturas, haxa pouca xente que non saiba todo o que está a acontecer na Federación Galega de Baloncesto. A dimisión de tres dos "pesos pesados" do organismo,as declaracións en distintos medios, os comunicados da FEGABA, algunhas tertulias de radio,...

Hai moitos sitios, onde podedes analizar todo o caso:

Basket Galicia: canalizadora de toda a información que apareceu

FEGABA: versión oficial de todo o tinglado

Javier Codesido: o punto ácido, o puntos sobre a í, que non se corta un pelo, vamos.

Ben, neste tres sitios podedes atopar toda a información para que vos fagades unha idea máis clara de todo este asunto. Un asunto que comeza a finais de xuño, coa dimisión do ata entón Director Deportivo, Iago Casal, disconforme co novo sistema de competición entre outras cousas. 

Co novo sistema de competición, onde entre outras modificacións aparace un baremo para dirimir que equipos teñen acceso a 1ª División , antiga liga galega. Por certo dito baremo, para desgracia do noso equipo cadete modificase un par de veces, non entrando tras eses  sospeitosos cambios, pero esa é outra guerra. Ben, continuemos, con ese novo sistema, creanse grupos por toda a xeografía galega, utilizando o criterio da proximidade xeográfica. Pois con dito criterio, o noso equipo junior, queda, nun primeiro momento, nun grupo con outros sete equipos da delegación coruñesa e con Foz e Viveiro, os que supoño que lles faría a mesma gracia que nos.Outro exemplo, en junior femenino,os equipos coruñeses quedan emparellados con Ribeira e Boiro e Betanzos cos equipos de Lugo.

Ante esta desfeita, os equipos coruñeses reunimonos fai tres semanas para pedir que agrupen os clubes por delegacións ou que se use o famoso criterio xeográfico.Asinamos un documento que facemos chegar á FEGABA e a Secretaría Xeral para o Deporte.A petición é aceptada e cambianse os grupos e polo tanto os calendarios.

Pero lonxe de rematar a tormenta, a treboada arrecia esta semana con toda esta "guerra de declaracións" que fan que o problema siga persistindo.Supoño que hai que dicir que continuará...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...