miércoles, 23 de septiembre de 2020

Comunicado da Federación Galega de Baloncesto sobre as novas medidas pola crise sanitaria

 COMUNICADO FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO


A Federación Galega de Baloncesto, tras reunión da súa Xunta Directiva celebrada na tarde do martes, 22 de setembro; desexa comunicar os seguintes puntos aclaratorios de cara ao presente e futuro escenario para o Baloncesto Galego:

Tras a publicación no DOGA do pasado venres, 18 de setembro; das importantemodificacións nas medidas de prevención previstas para facer fronte á crise sanitaria que permiten o deporte de contacto, tanto en adestramentos como en competición, sempre empregando as máscaras de protección, a FGB decide optar por esta vía para as súas competición 2020 -2021. Deste xeito, a máscara será obrigatoria para a práctica do Baloncesto Federado en competicións de ámbito autonómico.

O uso de máscara deberá vir acompañado pola aplicación, coa máxima precisión, do Protocolo FISIOCOVID- DXTGALEGO da Federación Galega de Baloncesto, o cal xa foi actualizado en virtude das novas indicacións do DOGA e enviado á Secretaría Xeral para o Deporte de cara a súa necesaria nova aprobación.

Nesta liña, os adestramentos con contacto non poderán comezar a realizarse ata que este protocolo FGB sexa aprobado definitivamente pola Secretaría Xeral para o Deporte e, posteriormente, feito público pola Federación Galega de Baloncesto, situación que agardamos poida facerse efectiva na maior brevidade posible.

En última instancia, e en virtude desta liña de actuación e da marxe temporal, a xunta directiva FGB decide aprazar o inicio das Fases de Ascenso ata o 18 de outubro e remitirá, en vindeiras datas, a nova estrutura destas Fases.

lunes, 21 de septiembre de 2020

FRAN CRISTÓBAL BRANDÓN. TERCEIRA FICHAXE PARA O CALVO ARTAI

 


FRAN CRISTÓBAL BRANDÓN. TERCEIRA FICHAXE PARA O CALVO ARTAI

Fran Cristóbal Brandón, “Fran” (Sofán 1992) convirtese na terceira das fichaxes para o Calvo Artai para a vindeira temporada. O base carballés reforzará o posto de 1 no equipo do Calvo Artai que este ano xogará na segunda división por segunda temporada consecutiva.A nivel curiosidade, convírtese no cuarto xogador da parroquia de Sofán do equipo, xunto con Sergio Cebral e os irmáns Argüelles.

Fran leva toda a ssúa vida xogando ó baloncesto; dende moi cativo formouse nas escolas do CEIP Gándara de Sofán e despois percorriu todas as categoría de Xiria, dende premini ata senior onde formou parte do equipo ata en 1ª Nacional. Fai tres temporadas virou e mudou de aires, xogando dúas temporadas no M3 CB Laracha na terceira división. A pasada temporada voltou para Carballo e xogou no equipo de tercerira di visión do EBX Artai, disputando tamén algún partidos no Calvo Artai.Ademáis de xogador, Fran tamén formou parte dos adestradores do Club Baloncesto Artai durante tres temporadas.

Se tivesemos que destacar a Fran por algo, sería complicado definilo nunha característica; destaca pola súa gran visión de xogo, pola súa capacidade para elexir sempre a mellor opción en ataque e tamén polo seu gran lanzamento de media e longa distancia. Non se prodiga moito no lanzamento pero sempre escolle as mellores opcións.


jueves, 17 de septiembre de 2020

Dous proxectos nos que traballa o club nestes meses de pandemia

 


 

PROXECTO BASKET AND HEALTHY HABITS 4ALL

Por segunda temporada consecutiva, os equipos de base do Club Baloncesto Artai, participarán coa Gasol Foundation dos irmáns Gasol. Se a temporada pasada dous dos equipos do club tiveron a sorte de obter unha equipación da fundación e poder, esta temporada os equipos de formación (baby, premini e mini) formarán parte dun proxecto que busca o fomento dunha serie de conductas para mellorar os hábitos dos deportistas. A través dunha guía e unha serie de actividades, os máis xovenes do club terán a opción de practicar o baloncesto,mellorar os seus hábitos saudables e outra serie de indicacións gracias ó proxecto “Basket and Healthy Habits 4All”.



PROXECTO CONSTRUYENDO EN EQUIPO BIGMAT

O pasado mes de maio, no medio de toda a pandemia da COVID-19, o grupo francés da construcción BigMat, lanzou unha campaña denominada “Constuyendo en equipo” no que se ofrecía o patrocinio de 43 equipos de España para a temporada 2020/2021. Dentro dese patrocinio, ofrecía a cada un dos equipos gañadores, unha equipación completa da marca Spalding (camiseta doble, pantalón e calcetíns) . Dentro dos centos de clubes que participaron, o Club Baloncesto Artai foi un dos escollidos, un dos elexidos, como aparece na lista que adxuntamos neste texto.So hai tres galegos dentro desa lista, Fontiñas de Santiago, Carmelitas de Ourense e o equipo carballés. O patrocinio para a temporada 2020/2021 será para o equipo infantil masculino.

https://www.construyendoenequipo.es/clubes-patrocinados

lunes, 14 de septiembre de 2020

Manu Rey, novo xogador para o Calvo Artai

 

MANUEL REY ÁLVAREZ-NOVO XOGADOR PARA O EQUIPO CALVO ARTAI DE 2ª DIVISIÓN

O base-escolta da parroquia de Bértoa, Manuel Rey Álvarez, “Manu” (Carballo, 1988) convirtese na segunda incorporación para o equipo de 2ª División nesta temporada 2020/2021. Formado nas categorías de base  de Xiria, xogando en senior en varios equipos, destacando o a súa amplia traxectoria en Xiria (xogando en 1ª Nacional e en Liga EBA, onde militou a pasada temporada) pero tamén xogando, por motivos de estudios en Ferrol, no Recimil, en 1ª Nacional

Cunha altura de 1,85 e 76 kilos de peso, destaca pola súa capacidade anotadora (promediou case dez puntos a pasada temporada na liga EBA) e pola súa polivalencia, podendo xogar tanto de base como de escolta. 



 

jueves, 10 de septiembre de 2020

Tato, novo xogador do Calvo Artai para a temporada 2020/2021

JOSÉ CASTRO TATO-NOVO XOGADOR PARA O EQUIPO CALVO ARTAI DE 2ª DIVISIÓN

O pivot das Labradas de Carballo, José Castro Tato, “Tato” (Carballo, 1988) convirtese na primeira incorporación para o equipo de 2ª División nesta temporada 2020/2021. Formado nas categorías de base do CB Artai e de Xiria, xogando en senior en varios equipos, Toldos Gómez Arzúa (1ª Nacional), Xiria (1ª Nacional e EBA),Agencia AM de Baio (2ª autonómica) CB Laracha (3ª división) e nesta última militou no segundo equipo senior de Xiria en 3ª división.

Con máis de dous metros de altura, destaca pola súa verstilidade, podendo xogar en posición cercanas ó aro e tamén destacando polo seu tiro exterior, prodigándose con frecuencia no lanzamento de 6,75.



Os adestradores do club deron negativo nas probas PCR

 


PROBAS PCR ÓS ADESTRADORES DO CLUB

A pasada semana os adestradores do club realizaron as probas PCR dando todos eles negativo. No cribado masivo que realizaou o Concello de Carballo a través do SERGAS, os oito adestradores do club pasaron as probas no PAC de Carballo dando todos negativo. Unha seguridade máis para o club e para os equipos que comezaron os seus adestramentos o pasado día 31 de agosto

miércoles, 2 de septiembre de 2020

SORTEO DAS FASES DE ASCENSO PARA OS NOSOS EQUIPOS

 


 

SENIOR MASCULINO-CALVO ARTAI- SETE EQUIPOS PARA OPTAR ÁS SEIS PRAZAS DE 2ª DIVISIÓN

Na mañán de onte remataba o prazo para inscribirse nas fases de ascenso a 2ª división senior masculina, onde por segunda vez militará o CALVO Artai. Con seis prazas por cubrir, anotáronse seis equipos que son os seguintes:

  • CB Laracha M·3
  • Moneyball Coruña
  • Básquet Coruña S
  • Rías Baixas
  • SD Tui
  • Basket Gaia

En próximas datas, a Federación determinará o sistema de competición e así os carballeses coñecerán os seus rivais para a temporada 2020/2021.

JUNIOR FEMENINO SEGUROS SUEIRO ARTAI EBX-DÚAS PRAZAS PARA SETE EQUIPOS

O equipo de Seguros Sueiro Artai loitará contra outros seis equipos en busca dunha das dúas prazas que otorga a posibilidade de competir en 1ª división nesta temporada. Os equipos son os seguintes:

  • Maristas Coruña
  • Seguros Sueiro Artai EBX
  • Porriño BB
  • Seis do Nadal Coia
  • Arxil A
  • Infor3 Marín Peixe Galego
  • Giraldo CBV

En próximas datas, a Federación determinará o sistema de competición e así as carballesas coñecerán o sistema de competición e o calendario da fase de ascenso.

 

 

JUNIOR MASCULINO-ARTAI EBX-TRES PRAZAS PARA QUINCE EQUIPOS

Os junior carballeses loitarán con outros catorce equipos da comunidade polas tres prazas que dan o dereito a xogar na 1ª división esta temporada. Os equipos son os seguintes:

  • Iberconsa NovoBasket
  • KFC Costa Ártabra
  • Básquet Coruña
  • Noia Lolita Moda
  • CAB Pontevedra
  • Porriño BB
  • O Meco Mar Manos
  • EBX Artai
  • Rías Baixas
  • Seis do Nadal Coia
  • Santo Domingo Betanzos
  • Xuven Cambados
  • Celtas Foz
  • Cambre
  • Sagrado Corazón

En próximas datas, a Federación determinará o sistema de competición e así os carballeses coñecerán o sistema de competición e o calendario da fase de ascenso.

 

CADETE MASCULINO-TURISMO CARBALLO ARTAI EBX-TRECE EQUIPOS PARA CATRO PRAZAS EN 1ª DIVISIÓN

Os cadetes carballeses buscarán o ascenso a 1ª división con outros doce equipos da xeografía galega que son os seguintes:

  • Tirso de Molina
  • Baloncesto Narón
  • Saelga
  • Eduardo Blanco Amor
  • Porriño BB
  • Turismo Carballo Artai EBX
  • Montrove
  • Compañía de María Santiago
  • Santo Domingo Betanzos
  • Conservas Cambados
  • Defensores do Morrazo
  • Sagrado Corazón
  • Marín Peixegalego

En próximas datas, a Federación determinará o sistema de competición e así os carballeses coñecerán o sistema de competición e o calendario da fase de ascenso.


CADETE FEMENINO-XIRIA ARTAI-FASE DE ASCENSO

Oito serán os equipos que loitarán polas dúas prazas que dan dereito a xogar na 1ª división .Son os seguintes:

-A Mariña Burela

-Salesianos Vigo

-Carmelitas Ourense

-CB Barbanza

-Básquet Coruña

-Colexio Mariano

-Xiria Artai

-Cambados

Nos vindeiros días a Federación propondrá o sistema de competición

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...