5ª XORNADA COPA PRIMAVERA SENIOR
MASCULINO
CALVO ARTAI 61 RESTAURANTE MONTERO TERRA CHA 48
PARCIAIS POR CUARTO: 16-16, 13-8,23-10,9-14
C.B. ARTAI (16+13+23+9) : Jaime Sueiro (8), Samuel Iglesias (2),
Abraham Parcero(12), Alesandro Perez(8) Fernando Mariño (10),Sergio Cebral (8), Adrián Rey (),
Bruno Calviño(8), Diego Mallo(2), Pedro(2), Dani Otero (1) e Andrés Puente
(2). Marcos e Iván non
convocados.
RESTAURANTE MONTERO TERRA CHA (16+8+10+14): Sánchez, R (), Casal, A (5), Alonso, G (4), Seco. L
(14), Martinez, R(4), Porto. J (2), Novo, D (4), Real, J (), Martinez, A (4),
Bergantiños, L(), Fernandez, N(6) y Fernandez, D(4)
ARBITROS: Os colexiados Sobrino e Bosch ambos de a A Coruña. . Permitiron moitos contactos nas penetracións nun partido con bastante
xogo físico. Expulsaron por cinco persoais o visitante Bergantiños.
Comezou o partido
o Artai moi centrado, xa que sabían que para poder chegar a xornada final da
Copa da que solicitaron ser anfitrións, só valía a victoria.
Grazas a un bo
orde ofensivo, e o dominio do rebote, o equipo carballés conseguiu nos primeiros minutos do encontro unha
diferencia de 10 puntos. Parecía que ia ser un partido sinxelo, pero a
veterania do equipo lucense pemitiulles chegar o descanso do primeiro cuarto con
un tanteo igualado de 16-16.
O segundo cuarto
foi xa máis parello durante toda a sua duración. Alternábanse por ámbolos dous
equipos, ataques ven trenzados con desacertos máis propios de equipos de base.
Ainda así o Artai conseguiu, baseandose na gran defensa dos seus homes
exteriores (Diego Mallo e Samuel) chegar o descanso cunha vantaxa de 5 puntos
e con boas sensacións de cara o inicio
do segunda parte do encontro.
O terceiro cuarto
foi o resurxir da capacidade de sacrifico en defensa e os contraataque típicos
do equipo carballés. As rápidas accions comandadas por Bruno e Mariño, xunto co
grande tiro exterior de Abraham e Alesandro, materializaron un parcial de 23-10
que rompiu totalmente o encontro.
O último cuarto serviu para que os adestradores
locales rotaran xogadores de forma
cómoda, desfrutando de minutos Adrian e Pedro que amosaron bos detalles
técnicos.
Lamentar a lesión no seu nocelo dereito de Dani,
que non reviste gravidade e poderá ser convocado para o proximo encontro
O seguinte partido
sera o próximo venres día 18 de marzo na cancha do Oleiros, a tarde-noite.
No hay comentarios:
Publicar un comentario