6ª XORNADA COPA PRIMAVERA SENIOR MASCULINO
OLEIROS 51 CALVO ARTAI, 53
PARCIAIS POR CUARTO: 14-8, 14-16,12-15, 11-14
OLEIROS (14+14+12+11): Simón (2), Barreiro (5), Rodriguez (8), Sánchez (4), Candamio (8), Merelas (1), Barbeito (6), Seijas (8), Aguiar (4), Sánchez (2), Marante (1) e Tabari (2)
CALVO ARTAI (8+16+15+14) : Samuel Iglesias (2), Abrahám Parcero (10), Alesandro Pérez(8) Fernando Mariño (10),Sergio Cebral (8), Adrián Rey (2), Bruno Calviño(11), Pedro(2), Dani Otero (1), Marcos(1), Pedro (2).Diego Mallo, Andrés e Jaime non convocados polos seus estudos.
ARBITROS: Os colexiados Sobrino e González. Permitiron moitos contactos durante todo o partido o que provocou que éste fora tenso e bronco nalgúns intres. Sancionaron con dúas faltas técnicas o local Sánchez e con sendas antideportivas os tamén locais Simón e Merelas.
INCIDENCIAS: Partido correspondente a sexta e última xornada da Copa Primavera. Xogábase o pase a fase final da Copa ámbolos dous equipos, ainda que as opcións do Oleiros eran moi remotas xa que debería gañar por máis de 43 puntos.
O partido foi moi carente de ritmo debido a grande calor e ás horas de xogo (venres ás dez da noite rematando preto das doce). De ahí que o tanteo do primeiro cuarto fora de 14-8, conseguíndose a meirande parte dos puntos nos tres minutos finais do cuarto.
O segundo período comezou con un inspirado Oleiros que conseguiu poñerse 18 puntos por riba no marcador, xa que o Artai seguia anclado nos 8 puntos de finais dos primeiros dez minutos de xogo.
Isto foi un espellismo que durou pouco, xa que a posta en escea de Abrahám, Mariño, Alesandro e Bruno, reduciu as diferencias a só catro puntos, indose ambolos clubes o descanso cun parcial de 28-24.
Reanudouse o partido co igual ritmo e parsimonia. O equipo local hilbanaba ataques acertados esporádicos e a segunda línea do Artai, formada por Ivan, Marcos, Dani e Adrian, conseguía poñérse a un so punto con 15 puntos parciais por 12 do club local.
O último cuarto comezou mal para o Artai, xa que os oleirienses colleron unha renta a favor de 6 puntos que presaxiaba un mal desenlace.
Amañaouse todo pouco a pouco, e o bo facer de Samuel, xunto con Pedro e Cebral, levou o equipo carballés a unha axustada victoria nun final cheo de tempos mortos pero con pouco acerto.
Así se chegou ata o tanteo final de 51-53.
No hay comentarios:
Publicar un comentario