Rematan a temporada as junior de Carnicería Daniel Artai coa final da Copa Coruña 2018 no pista coruñesa de Riazor 2. O partido será contra o Básquet Coruña de Adrián Seijas e o comezo está previsto para as oito da tarde.
Será a terceira vez que ambos equipos se vexan as caras esta temporada cun balance dunha victoria para cada equipo. Gañaron as carballesas na súa visita a Coruña (34 a 49) e perderon en Carballo (44 a 50) polo que se supón que será un partido igualado e sen favorito a priori, se ben o feito de xogar na pista de Básquet Coruña sexa un punto a favor das coruñesas.
As carballesas chegan a final despois de eliminar en cuartos de final a CD Los Rosales e en semifinais ó Obradoiro gañando nos dous casos ambos partidos. As coruñesas sufriron algo máis para chegar á final pois en cuartos de final venceron a Santo Domingo de Betanzos perdendo na ida e remontando na súa pista no partido de volta. E nas semifinais fixeron algo parecido contra Trebóns pois perderon en Riazor e remontaron na pista de Oleiros..
As carballesas chegan con serios problemas para a gran final copeira pois son dudas as junior de segundo ano, Paula e Sara As que si serán da partida serna as outras oito xogadoras da plantilla:
- Bases: Sarita e Nuria
- Escoltas: Carla e Cayetana.
- Aleros: Iria, Paula? e Lucía
- Pivots: Emma, Sara? e Sabela
No hay comentarios:
Publicar un comentario