domingo, 18 de marzo de 2018

Victoria dos senior ante ADFRO: 68 a 88

17º XORNADA SENIOR MASCULINO 3ª DIVISION


LUGAR: PAVILLON MUNICIPAL DE COCHERAS
HORA: 12:00h
ADRFRO O PERCEBEIRO 68 CALVO ARTAI 88

PARCIAIS POR CUARTO: 17-26, 23-21, 13-23, 13-18

ADFRO: Scortegagna (3), Cancela, S (5), Mendez, (12), Rodriguez (4), Artilles(9), Oliveira, G (5), Morales (2), Fernandez, E (2), Freijido, B (3), Sanaino, B (1), Tojeiro, C () e  Lema, A (20).

C.B. ARTAI : Jaime Sueiro (4), Samuel Iglesias (2), Marcos Guiance(4), Pedro Trigo(4),Alesandro Perez (16), Abrahan(15), Adrian Rey (6), Bruno Calviño, (15),Diego Mallo(3), Iván Cancela(6), Dani Otero (2) e  Andrés Puente (10). Lesionados Fermando Mariño y Sergio Cebral


ARBITROS: colexiados Damian Palou  e Natalia Sanda . Boa labor nun partido sinxelo de lexislar que se definiu pola sua deportividade. Sancionaron con 19 faltas os locais e 23 os visitantes.
INCIDENCIAS. Partido correspondente a penúltima xornada de competición na terceira división coruñesa de baloncesto.
O primeiro cuarto caracterizouse polo gran número de ataques que se produciron, todos con moita rapidez por ambos equipos, o que provocou que o tanteo final fose bastante elevado: 17-26.
Seguiron os segundos 10 minutos do partido con igual tónica. O equipo local baseaba sua anotación en contraaques propicionados por pases logos e polo acerto do seu xogador Lema dende a línea de 6,75, polo outro lado, os visitantes carballeses altenaban contras rápidas con ataques estructurados ,que propiciaron un parcial 23-21, índose ambos equipos o descanso cun resultado de 40-47.
Comezou a segunda parte do encontro, cun CB Artai moi centrado en defensa, que se traduciu nun aumento da vantaxe no marcador ata os 19 puntos, deixando o partido prácticamente decidido. Resaltar a boa anotación dende o perimetro carballés por parte de Abraham e Alesandro.
Ainda así os locales ,Adfro, seguiron loitando ata o final recortando a diferencia ata un 53-69 o finalizar o terceiro periodo.
O último cuarto serviu para que os xogadores menos habituais disfrutaran de minutos por parte do Calvo Artai, chegando ó final do encontro cun tanteo a favor do equipo carballés de 68-88.
O próximo partido será o vindeiro fin de semana contra Xerion no Vila de Noia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...