Este sábado, 27 de marzo,
celebranse en Carballo dúas novas xornadas da Liga de Babybasket organizada
pola Federación Galega de Baloncesto. Serán as xornadas quinta e sexta pois en
cada unha das datas marcadas pola FEGABA os xogadores disputan dous partidos.
As dúas primeiras cita tiveron lugar en Culleredo e foron organizadas polo club
local. As segundas foron organizadas polo Club Baloncesto Santo Domingo de
Betanzos Nesta ocasión a organización
recae sobre os dous equipos de Carballo, o Club Baloncesto Artai e Escola
Basket Xiria.
Nesta
competición xogan os xogadores máis pequenos dos clubes ( nados no 2013,
2012,2011 e 2010) e teñen un peculiar formato pois xogan catro contra catro en
dous periodos de doce minutos, sen árbitros e no que non hai resultado final,
primando a formación sobre o aspecto competitivo. É a segunda vez que se
disputa esta competición en Galicia.
Os partidos que se xogarán en Carballo no pavillón
Bergantiños empezarán ás dez da mañán e durarán ata a unha,
calculando que o número de xogadores presentes na competición serán aproximadamente
de 150. Serán un total de dezaoito partidos,
No hay comentarios:
Publicar un comentario