O vindeiro 18 de marzo, en Compostela (Pavillón Instituto Rosalía de Castro), esta cita tomará de novo o pulso da formación dos adestradores galegos, e abrindo a participación a todos aqueles que o desexen ofreceralles unha convocatoria didáctica protagonizada por Joaquín Moreira (adestrador en CB Artai) e César Iglesias (Novobasket Vigo), e que conta tamén coa colaboración de Fedesa Baloncesto e o Instituto Rosalía de Castro.
Ambos os técnicos guiarán sendas charlas prácticas en pista, seguidas dun coloquio xeral que pechará unha tarde que dará comezo ás 16.30 h e se estenderá ata as 20.00 h.
Inscrición
Os adestradores interesados en formalizar a súa participación neste “Seminario de Técnica Indivudual” poderán solicitalo vía mail ( adestradores@fegaba.com) ata o vindeiro venres, 16 de marzo.
Validación
No apartado de validacións, serán un total de 10 horas de formación complementaria as que a Área de Adestradores FGB conceda aos asistentes que sexan alumnos dos seus Cursos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario