Mario Penedo Varela participará na IV edición do All Star destinado para xogadores nacidos no ano 2055.Será unha xornada de adestramento pola mañán (dende ás 10:00 ata ás 12:00) dunha xornada de traballo como reforzo do programa de tecnificación FGB, e consolidada actualmente como cita indispensable no planning anual da área técnica, contando este ano coacolaboración do Concello de A Estrada e o club local, EDM Baloncesto A Estrada.
Nesta ocasión, o “All Star” repartirá o seu traballo entre adestramento e competición amigable, rendabilizando a quenda de mañá para exercitarse, e o horario de tarde para a disputa de dous encontros: ás 16:30 h en categoría masculina, e ás 18:30 h en feminina.
Os protagonistas desta data serán un total de 40 xogadores, 20 en cada categoría; citados previamente baixo convocatoria pechada. A súa procedencia, de entre diferentes clubs de toda Galicia; así como a súa referencia; poden consultarse nos documentos que se achegan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario