Jaime Cerviño Márquez, do benxamín A, foi seleccionado para acudir ao Ceti de Tecnificación
para nenos nados nos anos 2008, que organizará a FGB en Santiago de Compostela o domingo día 18
de marzo de 2018 nas instalacións do Colexio M. Peleteiro sito en Monte Redondo-Castiñeiriño.
Todos os xogadores convocados están citados ás 09:30h nas instalacións do Colexio Peleteiro, a
recepción farase no Edificio Principal que se atopa ao carón do Pavillón principal de adestramentos.
A concentración rematará ás 13:45h do mesmo día, horario establecido para poder recoller aos/as
xogadores/as. Os/as convocados/as deberán vir provistos/as do equipaxe do seu club para o
adestramento. Os pais/nais/titores dos/as seleccionadas terán unha Charla-coloquio dende as 11:30h ata
ás 13:30h na instalacións do Colexio, dita charla é de asistencia obrigatoria para os asistentes.
Os horarios de adestramentos serán pola mañá de 10:00h. a 11:30h, ademais terán outra serie de
actividades durante a xornada. Cada un dos grupos estará dirixido por un adestrador superior que estará
axudado por 3 adestradores-bolseiros asignados pola Área Deportiva da FGB.
No hay comentarios:
Publicar un comentario