Levamos unhas cantas entradas neste blog escribindo sobre os que formamos parte da familia do CB Artai e incluindo feitos e actuacións que se escapan do baloncesto. Deixamos unha nova noticia dese estilo, referindonos a actuación do grupo Larkhill do que forma parte o adestrador do equipo infantil femenino Pablo Moreira. Para os que queiran ir deixamos a continación a información e un video do grupo
Curruncho Pop. Concerto de Larkhill e Alasdair Roberts.
Biblioteca Rego da Balsa. Ás 20.30h O sábado os/as amantes da música e das bandas alternativas volven ter una cita co Curruncho Pop. Nesta ocasión, a protagonista será a música folk, que chegará a Carballo da man do grupo carballés Larkhille do músico escocés Alasdair Roberts. O folk escuro e moi persoal da formación local- integrada por Pablo Moreira (guitarra), Daniel López (baixo), Gonzalo Fernández (guitarra) e Alita (acordeón)-, que xa conta con varios traballos en bandcamp e EP Earth Communitas, será un dos pratos fortes da velada xunto coa actuación do prestixioso músico escocés Alasdair Roberts, toda una lenda do folk. Este recoñecido e respectado artista conta cunha dilatada traxectoria musical, primeiro baixo o nome de Appendix Out e, desde 2001, co seu propio. Coñecidas son tamén as súas frecuentes colaboracións con músicos da talla de Will Oldham, Jason Molina, Gerard Love ou Isobel Campbell. Ademais é membro do grupo folk The Furrow Collective. Un espectáculo único e en rigoroso directo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario