sábado, 10 de noviembre de 2018

INFANTIL MASCULINO: Derrota ante el potente equipo de Calasancias por 25 a 75

INFANTIL MASCULINO. 2ª DIVISION 1ª FASE. XORNADA 2


C.B.ARTAI 25 – 75 CALASANCIAS

PARCIAIS POR CUARTO: 6-29,10-22,9-16,0-8

MARCADOR: 6-29,16-51,25-67,25-75

ARBITROS: O colexiados Mera e López, ben na sua labor nun partido sen complicacións. Amonestaron con 6 faltas os colexiais e con 8 faltas os xogadores coruñeses, nun partido con poucos contactos.
C.B. ARTAI (6+10+9+0): Sergio(2), Borja(2), Mateo, Mario Penedo(13,1t), Cambón(2) – cinco inicial – Pepe, Óscar(2), Pablo(4), Ramiro, Rodrigo e Denís.

CALASANCIAS (29+22+16+8): Dopazo(8), Suárez(9,1t),Esquinas(12), Sánchez(10), Fandiño(10) – cinco inicial – Cadarso(2), Fernández(4), Cubilla(4) e Couceiro(16).

INCIDENCIAS. Partido xogado na mañán do sábado no Vila de Noia ante o Calasancias da Coruña, equipo que demostrou en Carballo o porqué estivo a piques de xogar a 1ª división autonómica da categoría infantil pois quedou apeado da competición por un partido na fase previa.
Rival moi superior os colexiais sobre todo no aspecto físico, máis da metade do equipo coruñés superaba en altura ós xogadores locais máis altos. Ademáis o bo comezo de partido dos herculinos sumado ó desacerto local de cara ó aro, xa facían ver nos primeiros minutos que a victoria viaxaría para a Coruña.
O partido comenzou cun 0 a 11 en contra dos artaicos onde os coruñeses a medida que pasaban os minutos aumentaban a diferenza no marcador a base de roubos de balón e boas saídas o contraataque. No primer cuarto a presión coruñesa facía dubidar o xogo local provocando varios erros na saída do balón.
A partir do segundo período os artaicos sacaban con maior fluidez o balón e os ataques eran un pouco máis acertados, pero na mañán do sábado parecían que as cousas non querían saír todo o ben que os de Carballo desexaban, xa que a todas as adversidades do xogo tiñamos que sumar as lesións de Ramiro e Mario Penedo quenes non foron capaces de rematar o partido.

Con todo isto os coruñeses fixeron méritos máis que suficientes para pechar o marcador a falta de 3 minutos co resultado final de 25 a 75 no luminoso.
A próxima xornada os colexiais visitan a sempre difícil cancha de Betanzos onde intentarán mellorar e volver a senda das victorias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nova xornada da liga de Baby Básquet en Carballo

O sábado, 22 de febreiro , celébranse en Carballo dúas novas xornadas da Liga de Babybasket organizada pola Federación Galega de Balon...