viernes, 8 de marzo de 2019

Semana da Prensa no Centro Artai a partir do luns


 Centro Artai

31ª SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA (DO 11 AO 15 DE MARZO)
Dende o luns once de marzo e ata o venres quince de marzo os centros educativos galegos conmemoramos a Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituida como celebración oficial dentro do calendario escolar no ano 1988, impulsada por La Voz de Galicia.
Gracias a esta efeméride, miles de escolares complementarán  os seus libros con exemplares de periódicos, convertindo a prensa nun elemento pedagóxico máis, fomentando a  súa lectura e desenrrolando con iso o sentido crítico de nenos e xovenes.
Este ano teremos uns invitados moi especiais polo seu traballo como xornalistas e pola súa especial vinculación coa nosa comarca. Cinco serán os periodistas que nos acompañarán esta semana de marzo para lembrarnos a importancia que ten a información.


Luns 11 de marzo de 2019 

Hora: 11:45                   
Cursos: 1º e 2º  de ESO
Xornalista: Ana García, fotógrafa  de La Voz de Galicia.
A fotógrafa de La Voz de Galicia será a primeira en abrir a Semana da Prensa deste ano 2019. Incansable e traballadora, a xornalista carballesa abarca co seu traballo toda a vida diaria das nosas comarcas, tanto no que se refire a política, deportes, sociedade….É moi complicado non vela en calquera actividade das nosas comarcas. Pero ademáis do seu traballo xornalistico, tamén destaca en fotografía artística, con múltiples exposicións nos últimos anos e algunhas das súas fotografías foron seleccionadas de entre as 6.016 presentadas para formar parte das 365 que integran o libro PhotoPills Awards-Legado 2017, unha coidadísima publicación que pode verse online.

Martes 12 de marzo de 2019

Hora: 11:45                   
Curso: 4º de ESO
Xornalista: Cristina Abelleira, a xornalista carballesa, na actualidade encargada de prensa do Concello de Carballo será a segunda das ponentes na semana da prensa.Máis de media vida profesional ligada a edición carballesa de La Voz de Galicia, agora dou un importante xiro na súa carreira profesional para levar toda a actividade xornalística co Concello de Carballo, dende a parte política ata os deportes, pasando por toda a actualidade que xenera o noso concello.


Mércores: 13 de marzo de 2019

Hora: 11:45                   
Curso: 6º de Educación Primaria
Xornalista: Óscar Losada,  será o encargado da terceira das sesión da Semana da Prensa e cos máis cativos que participan na actividade. Director da revista deportiva Zona Press e reponsable dos premios co mesmo nome, Óscar é un dos xornalistas deportivos  de referencia da cidade da Coruña e unha persoa moi activa, como o demostra o feito de que incluso ten publicado algún libro, como o “O baloncesto no cine”.


Xoves 14 de marzo de 2019

Hora: 11:45                   
Curso: 3º de ESO
Xornalista: Fran “Cañotas” Rego, xornalista da TVG e licenciado pola USC será o encargado do peche da actividade. Unha das caras máis familiares do programa de Galicia en Goles no fin de semana departirá cos alumnos de 3º de ESO sobre  o seu traballo como xornalista deportivo na canle televisiva máis vista na nosa comunidade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...