martes, 21 de febrero de 2017

Dúas xornadas de babybasket este sábado en Carballo

Este sábado, 25 de febreiro, celebranse en Carballo dúas novas xornadas da Liga de Babybasket organizada pola Federación Galega de Baloncesto. Serán as xornadas número cinco e seis pois en cada unha das datas marcadas pola FEGABA os xogadores disputan dous partidos. As dúas primeiras cita tiveron lugar en Culleredo e foron organizadas polo club local. Nesta ocasión a organización recae sobre os dous equipos de Carballo, o Club Baloncesto Artai e Escola Basket Xiria.
Nesta competición xogan os xogadores máis pequenos dos clubes ( nados no 2012, 2011,2010 e 2009) e teñen un peculiar formato pois xogan catro contra catro en dous periodos de doce minutos, sen árbitros e no que non hai resultado final, primando a formación sobre o aspecto competitivo. É a prmeira vez que se disputa esta competición en Galicia.
Os partidos que se xogarán en Carballo no pavillón Bergantiños empezarán ás once da mañán e durarán ata a unha e media da tarde, calculando que o número de xogadores presentes na competición serán aproximadamente de 140. Serán un total de catorce partidos,sendo os emparellamentos os seguintes:
Xornada 5
·         CB Artai B-Emilia Pardo Bazán A
·         Emilia Pardo Bazán B-Liceo La Paz B
·         Escola Pequebasket Xiria-Franciscanos 2010
·         Dominicos-Franciscanos
·         CB Artai A-Culleredo Blanco
·         Esclavas-Culleredo Azul
·         Escuela Primaria A-Escuela Primaria B
Xornada 6
·         Escuela Primaria B-CB Artai B
·         Culleredo Azul-Escuela Primaria A
·         Culleredo Blanco-Esclavas
·         Franciscanos-CB Artai A
·         Franciscanos 2010-Dominicos
·         Liceo La Paz B-Escola Pequebasket Xiria
·         Emilia Pardo Bazán A-Emilia Pardo Bazán B


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...