martes, 1 de octubre de 2019

Mateo Cambón Domínguez, coa preselección galega infantil masculina


  • SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA
Mateo Cambón Domínguez foi seleccionado para acudir coa Preselección Galega en categoría Infantil Masculina á concentración que terá lugar en Marín os días 5-6 de outubro (sábado e domingo) na Residencia San Narciso. Todos os xogadores convocados están citados ás 11:30 hrs. na citada Residencia.
Os adestramentos serán de 12:00h a 14:00h e de 18:00 a 20:00h os dous dias. Todos os xogadores deberán vir provistos de roupa deportiva axeitada. A manutención e aloxamento correrá a cargo da FGB. A concentración rematará ás 20:30 horas do domingo dia 6 de outubro,
Mateo, formado nas categorías inferiores do CB Laracha, leva dúas temporadas con club e en ambas compaxina os adestramentos e os partidos na súa categoría e na categoría cadete. Mateo únese a lista de xogadores do club que teñen os privilexio de formar parte das seleccións galegas. A pasada temporada foi Mario Penedo e este tócalle a él. Ademáis é o único xogador da Delegación Coruñesa en ser convocado.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...