viernes, 4 de enero de 2019

Mario Penedo coa selección galega no Campeonato de España en Huelva (primeiro día)


INFANTIL MASCULINA - ESPECIAL A ( iNFORMACIÓN RECOLLIDA DA WEB DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO)

Galicia, Comunidad Valenciana, Andalucía, País Vasco e Madrid
·         (09.30 h) (X1)  Galicia - Valencia (19 - 69) Estatística
Galicia debutou con derrota nun encontro presidido dende o inicio polas súas dúbidas, que se transformaron nun gran diferenza na súa contra. Un parcial demoledor no primeiro cuarto (5 – 31) deixou aos de Javier Peinó sen capacidade de reacción. Timidamente Galicia intentou aumentar a súa intensidade para romper o muro establecido polos valencianos no electrónico, pero a autoridade que estes souberon manter non permitiu esa reacción. No terceiro período pechouse definitivamente un marcador negativo para Galicia, convidando a pensar no seu próximo encontro. Mario Penedo saíu no quiteto titular xogando trece minutos pero non anotou ningún punto
·         (17.30 h) (X2)   Andalucía - Galicia (100 - 50) Estatística
Os infantís que lidera dende o baquiño Javier Peinó buscaban no seu segundo encontro deste xoves resarcirse da ampla derrota colleitada na estrea. Nesta cita ante os anfitrións andaluces a súa imaxe en pista e a súa actitude mudaron en positivo, pero de novo non foron quen de asinar un resultado óptimo.
Saíron rápidos e entonados, pero recibiron pronta resposta do equipo andaluz, disposto a marcar as diferencias grazas ao seu plus de velocidade. Unha primeira parte desputada, pero sempre cos de Peinó por debaixo (24 – 17. 1Q), deixaba unha diferenza de 18 puntos que se convertía no maior problema a encarar tras o descanso para unha imprecisa Galicia (54 – 36).O panorama ao regreso de vestiarios, lonxe de aclararse, continuou na espiral negativa que arrastraba o encontro dende o inicio. O castigo da vantaxe andaluza no marcador, e na pista; era cada vez maior, rexistrándose no terceiro cuarto un parcial intratable (36 – 4) para os intereses galegos.Galicia xa nada puido facer nos dez minutos decisivos para evitar outra contundente derrota (100 – 50). Mario Penedo volviu a sair de titular e anotou un triple xogando algo máis de doce minutos


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...