lunes, 5 de febrero de 2018

VICTORIA DEL CALVO ARTAI ANTE EL ARTEIXO POR 59 A 69

14º XORNADA SENIOR MASCULINO 3ª DIVISION

C.B. ARTEIXO 59 CALVO ARTAI 69

PARCIAIS POR CUARTO: 14-13, 12-16, 18-25, 15-15

ARTEIXO: Gomez(4), GarciaA (5), Alonso, P (2), Sanmanrtín (4), Alonso(2), Felipez J (6), Perez (2), Lema (3), Berron (8), Fraga(11), Santiso(6), Fondo(7)

CALVO ARTAI.: Jaime Sueiro (20), Samuel Iglesias (4), Abrahan Parcero(7), Alesandro Perez(2) Fernando Mariño (10),Sergio Cebral (4), Bruno Calviño(15), Diego Mallo(), Iván Cancela(), Dani Otero (), Andrés Puente (4). Pedro Trigo (3). Marcos Guiance Adrian non convocados.

ARBITROS: colexiada Piñeiro, L(416). Unha sóa colexiada como ven sendo habitual esta tempada pola falta de árbitros. Grande descontento por parte de ámbolos dous equipos pola sua actuación, ainda que a regulación do xogo por parte dun xo arbitro e moi complicada. Sancionou con 28 faltas os locais e 16 os visitantes.


 INCIDENCIAS. Partido correspondente a décimo cuartaa xornada de liga da Terceira División Masculina do comité coruñes. Despois dunha dificil victoria na cancha do Basquet Coruña, só dous días antes, voltaba o Artai a enfrontarse a un dos equipos considerados como asequibles segundo a sua posicicion na taboa clasificatoria. Non foi mais erronea esta suposición xa que, a pesar de o equipo carballés comenzou o partido facendo un bo xogo e dispoñendo de multiples e boas opcións de tiro, os 4 minutos o seu adestrador xa necesitou un tempo morto, por mor dun resultado adverso de 4 a 12. Deu seus froitos este parón, xa que os poucos minutos o marcador xa reflexaba un tanteo a favor de 12 a 11, froito dunha millora na defensa e duns ataques máis pausados e lóxicos. Chegouse o final do primeiro cuarto cun resultado de 14-13 para o Arteixo. O segundo cuarto foi moi semellante o primeiro, con boas opcións de ataque por parte do Calvo Artai, pero que non remataban dentro do cesto, por outra parte o Arteixo, continuaba pouco a pouco anotando conseguindo así chegar ó descanso cun tanteo aberto de 26-29. A segunda parte comenzouna en tromba o Artai conseguindo 8 puntos consecutivos e índose no marcador ata os 11puntos de vantaxa, polo que o adestrador local, George, necesitou dun tempo morto para cambiar os seus plantexamentos de xogo. Non servíu de moito o tempo de reflexión do Arteixo, xa que o equipo de Carballo seguiuse alonxando no marcador ata rematar o terceiro cuarto cun tanteo favorable de 44-54. O último cuarto foi de trámite, con diferencias oscilando entre os 10 e 18 pùntos a prol do Artai, e desfrutando todos os xogadores de moitos minutos, sobre todo os menos habituais. Mencionar o gran partido de Jaime Sueiro con 14 rebotes e 20 puntos. O próximo encontro despois dos carnavales contra o invicto Betanzos no Vila de Noia de Carballo as 12:00 horas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...