O noso
adestrador do equipo infantil Javier Cotelo Rama (Carballo, 1971) será outro
ano máis o encargado da selección de minibásquet que loitará no Campeonato de
España do vindeiro mes de marzo .A selección ultima a súa preparación cos
últimos adestramentos e torneos tendo este fin de semana de Entroido unha boa
proba na localidade pontevedresa de Marín onde se celebra o V Torneo de
Seleccións Autonómicas de Minibasket e onde compite Galicia, Castilla-León,
Asturias e Euskadi.Na selección galega tamén aparecen dous xogadores da
comarca,o carballés Jacobo Díaz Rey e o larachés Mateo Cambón Domíguez, ambos
do EB Xiria. O calendario do torneo aparece na imaxen inferior.
Javier
Cotelo volve a ser o adestrador encargado desta selección sendo a segunda
temporada consecutiva na que ocupa tal cargo. É, sen dúbidas o mellor
adestrador de baloncesto da comarca e foi tamén seleccionador galego en
categoría cadete masculina fai seis temporadas.
Na actualidade é o adestrador do equipo senior do CB Laracha (vai terceiro na
súa liga), adestrador do equipo infantil masculino do CB Artai (líder invicto
tras doce xornadas) e primeiro adestrador da selección galega mini ademáis dun
dos impulsores da asociación +Talento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario