O Comité Galego de
Árbitros retoma a labor de formación de carácter presencial e pon en
marcha, de cara ao mes de febreiro, tres convocatorias para os
seus cursos de iniciación árbitral.
As delegacións de Lugo,
A Coruña e Ferrol son as protagonistas desta triple oferta
formativa, que se formulará con carácter
presencial, aberto e completamente de balde para todas
aquelas persoas vinculadas aos clubs de cada zona. O
CGAB contará coa colaboración de colexiados de categoría ACB e FEB, como
profesores; os cales liderarán os seguintes programas:
Curso Iniciación A Coruña
Sede: A Coruña
Datas: 5 ao 8 de febreiro.
Os requisitos didácticos de cada convocatoria poden consultarse
nos documentos que se achegan.
Inscrición
Todos os
interesados en inscribirse ou
informarse polo miúdo de cada convocatoria poden poñerse en
contacto co respectivo comité zonal:
Toda a información en :
http://www.fegaba.com/actualidade/arbitros/item/2704-formacion-arbitral-en-iniciacion-triple-convocatoria-presencial
No hay comentarios:
Publicar un comentario