sábado, 1 de abril de 2017

Victoria do cadete ante o CB Arteixo: 64 a 43

LIGA PROVINCIAL CADETE –XORNADA 19

Escola Basket Xiria  64 - C.B. Arteixo 43


EBXiria (14+19+19+12) : Yago, Freire, Damián (3), Iago(31), Borja(15), J. Pérez (11), Manu Abelenda(4).

C.B. Arteixo (10+8+9+16) :  Ponte, Iglesias (13), Quintáns, Souto, Vidal, Quintáns, E.G. (7), Santos (5), Regueira, Barral (2), Abelenda (16).

Parciales: 14-10/ 19-8 / 19-9 / 12-16


Árbitros : Fornos, S. e Palou, O. N.  gran traballo na mañá de hoxe. Sancionaron con  18 faltas aos locales e con 10 aos visitantes.


Incidencias: Bonito partido o de hoxe no pavillón Vila de Noia de Carballo, no que os nosos volvían a senda da vitoria despois dun traballado partido.

Pódese observar que este equipo estanos agasallando cun moi bonito ano no que a falta de xogadores por lesións ( Mario, Samu, Nión e hoxe contábamos de novo con Juan Pérez, pero con molestias no tobillo) non paran ao equipo en ningún momento. 

Comezou o partido con falta de ritmo en ambos equipos no que as diferencias nos primeiros minutos non foron máis alá dos 4-6 puntos,  e as defensas locales eran nulas e sen actividade ningunha, como a maioría das primeiras partes de todos os partidos.

A partir do descanso  cambiou a actitude dos rapaces, puxéronse as pilas apretando nas líneas de pase e aguantando o 1x1 defensivo, cun parcial 8-0 inicial , chegaban as  ventaxas que superaban os 20 puntos. 
Pero os de Arteixo en ningún momento se viñeron abaixo e así foi que gañaron o último cuarto (12-16), un moi bo partido realizado polos rapaces de Fran Lozano.

Para a semana, bonito partido tamén contra Santa María del Mar.


Toca seguir traballando durante a semana e disfrutando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...