martes, 25 de abril de 2017

Nova xornada de Babybásquet en Carballo

Este sábado temos una nova xornada de Babybásquet en Carballo, concretamente o sábado a partir das once da mañán no pavillón Bergantiños e coa organización da Federación Galega de Baloncesto, Escola Basket Xiria e o noso club. Poñeremos os horarios mañán mércores.

Este formato, concebido para 4×4, e cun marcado carácter non competitivo, é xa un referente a seguir para a Federación Galega de Baloncesto, leda da implantación e expansión que está a ter esta iniciativa por toda a Comunidade Autónoma. Os xogadores e xogadoras máis novos están a ser partícipes da cara máis necesaria do Basket, aquela que implica fomentar a práctica do deporte e fai crecer nos valores que este transmite.

Nesta ocasión a organización recae sobre os dous equipos de Carballo, o Club Baloncesto Artai e Escola Basket Xiria.

Nesta competición xogan os xogadores máis pequenos dos clubes ( nados no 2012, 2011,2010 e 2009) e teñen un peculiar formato pois xogan catro contra catro en dous periodos de doce minutos, sen árbitros e no que non hai resultado final, primando a formación sobre o aspecto competitivo. É a primeira vez que se disputa esta competición en Galicia, logo da boa acollida da idea do día Autonómico do Pequebasket, creado xa fai cinco anos pola Escola Basket Xiria, e que se repetirá este ano o 17 de Maio do 2017
Os partidos que se xogarán en Carballo no pavillón Bergantiños empezarán ás once da mañán e durarán ata a unha e media da tarde, sendo os equipos participantes os seguintes:
  • Escola Pequebasket Xiria Carballo
  • CB Artai Carballo
  • Escola Primaria
  • Franciscanos
  • CB Culleredo
  • Emilia Pardo Bazán
  • CD Los Rosales
  • Liceo La Paz
  • Dominicos
  • Esclavas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...