domingo, 5 de marzo de 2017

José Manuel Ferreiro, o martes cos alumnos do colexio

Esta semana celebramos no Centro Artai a Semana da Prensa coa visita ao colexio de tres periodistas relacionados co mundo deportivo e que coñecen moi ben a realidade deportiva comarcal. O primeiro en vir será José Manuel Ferreiro e os primeiros alumnos serán os das clases de 1º e 2º de ESO na tarde do martes.
Martes  7 de marzo
Hora: 15:30                       
Cursos: 1º e 2º de ESO
Xornalista: José Manuel Ferreiro. Redactor da sección de Deportes de La Voz de Galicia dende o ano 1987.
É a voz do deporte da nosa comarca sen ningún tipo de dúbidas e de discusións. Vinculado ao periodismo e o deporte onde o seu currículo daría para facer un libro foi porteiro no Deportivo Carballo e no Bergantiños na liga  de Rexional Preferente e na Costa,na SD Esteirana  onde foi campeón da Liga da Costa, no  Alético  Arteixo  e no Buño. No fútbol sala en Carballo foi un dos pioneiros co equipo de Muebles Pombo onde gañaban todolos anos e tamén no fútbol sala estivo nas selecciones provinciais e galegas e  con esta enfrontouse a Brasil na Coruña.No mundo do periodismo dende moi novo, traballou no El Ideal Gallego na súa implantación en Carballo na rúa Vázquez de Parga, pasando despois os estudios de Antena 3 na avenida de Bergantiños e posteriormente a edición de La Voz de Galicia onde leva compatibilizando o seu traballo como redactor co de locutor. A través das súas crónicas podemos coñecer a historia dos equipos máis representativos da comarca nos últimos trinta anos o que nos da unha idea da súa importancia para o deporte comarcal.

Incansable traballador é a persona que atesora máis información do noso deporte  nas tres últimas décadas, engadindo un inxente archivo fotográfico e una memoria para calquera información quq queiramos saber sobre algún equipo ou sobre algunha disciplina deportiva que teña algún representante carballés.

Recentemente recibiu por parte de La Voz de Galicia o recoñecemento polos 25 anos de traballo no medio escrito de máis difusión de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...