martes, 7 de marzo de 2017

José Manuel Ferreiro, hoxe no Centro Artai

 Hoxe tivemos a sorte de contar no Centro co xornalista José Manuel Ferreiro de La Voz de Galicia na primeira das charlas que terán os alumnos dentro da Semana da Prensa. Esta primeira actividade foi para os alumnos de 1º de 2º de ESO quenes durante algo máis dunha hora estiveron facendolle preguntas a José Manuel. Nese tempo o xornalista carballés foi contando a súa traxectoria deportiva e profesional, lembrando os seus inicios ,as anécdotas, o mellor e o peor da profesión, os principais fitos do deporte comarcal,...Un tempo que se quedou curto pola amplio coñecemento do deporte comarcal que ten este xornalista. Deixamos algunhas das mellores fotos da tarde feitas por un dos alumnos de 3º de ESO e xogador do equipo cadete, Pablo Otero.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...