miércoles, 8 de marzo de 2017

Gustavo Varela, mañán xoves na Semana da Prensa no Centro Artai

Xoves  9 de marzo

Hora: 11:30
Cursos: 5º e 6º de Primaria
Xornalista: Gustavo Varela Añón. Redactor de deportes da TVG
Licenciado en Xornalismo pola universidade de Salamanca antes de dar o salto á televisión autonómica, exerciu como xornalista en La Voz de Galicia na edición de Carballo. Colaborou tamén na sección de baloncesto de Xiria durante varias temporadas e ten publicados distintas revistas sobre o mundo do fútbol a nivel comarcal e autonómico.
 Vencellado o deporte carballés, polo seu coñecemento do mesmo, e tamén polos lazos familiares pois tanto o seu pai,Manuel, coma o seur tío Moncho, foron uns referentes do fútbol nas décadas dos oitenta e noventa. Como tamén o e o seu irmán, Manuel, “alma máter” da Sociedade Deportiva Sofán.

É un dos rostros do deporte na nosa comunidade. A súa aparición nas dúas canles de TVG é constante e tanto retransmite partidos de fútbol, como presenta os deportes nas dsitintas edicións do Telexornal ou unha das xornadas de traíñas.

Ten recibidos númerosos premios xunto cos seus compañeiros de redacción polo traballo de información deportiva e no pasado mes de xuño recibiu o recoñecemento individual por parte da Asocación de Clubes Galegos de Fútbol que lle otorgou o premio Jesús Lodeiro  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...