martes, 14 de enero de 2020

Primeira xornada de Babybasket en Carballo este sábado a partir das dez da mañán


O sábado, 18 de xaneiro, celébranse en Carballo dúas novas xornadas da Liga de Babybasket organizada pola Federación Galega de Baloncesto. Serán as dúas primeiras xornadas para os xogadores de Delegación Coruñesa, que este ano ante a gran cantidade de equipos (33) decidiu dividir en dous grupos a todos os equipos. Nesta ocasión a organización recae sobre o Club Baloncesto Artai e conta co apoio do Concello de Carballo.
A presentación da xornada será o xoves 16 de xaneiro ás 13:30 horas no Concello de Carballo coa presencia de Evencio Ferrero,alcalde do Concello, Marcos Trigo, edil de deportes, Macarena Mato, directora do CPR Artai, Arturo Ferraces, director deportivo de EB Xiria e Joaquín Moreira, presidente do CB Artai.
Nesta competición xogan os xogadores máis pequenos dos clubes ( nados no 2015, 2014,2013 e 2012) e teñen un peculiar formato pois xogan catro contra catro en dous periodos de doce minutos, sen árbitros e no que non hai resultado final, primando a formación sobre o aspecto competitivo. É a terceira vez que se disputa esta competición en Galicia.
Os partidos que se xogarán en Carballo no pavillón Bergantiños empezarán ás  dez da mañán e durarán ata as dúas da tarde, calculando que o número de xogadores presentes na competición serán aproximadamente de 180 e sendo o número de equipos participantes un total de 16. Serán un   partidos nesta xornada de promoción do baloncesto
Os equipos participantes son os seguintes:
1 LICEO LA PAZ
2 CALASANZ C.D.
3 BASQUET CORUÑA BABY BLANCO
4 BASQUET CORUÑA BABY AMARILLO
5 C.B. ARTAI A
6 C.B. ARTAI B
7 C.B. ARTAI C
8 EDM PEQUEBASKET PONTECESO XIRIA
9 ESCOLA BASKET XIRIA PEQUEBASKET XIRIA VERDE
10 ESCOLA BASKET XIRIA PEQUEBASKET
11 C.B. LARACHA PAN Y DÍAZ
12 CLUB AA DOMINICOS
13 CLUB AA DOMINICOS
14 CLUB BALONCESTO CAMBRE
15 C.B. GOLFIÑOS DE SADA
16 C.B. GOLFIÑOS DE SADA GOLFIÑOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...