jueves, 9 de enero de 2020

Iván Villaverde, novo adestrador do ADBA de Avilés


O noso adestrador, Iván Villaverde Cores, comeza o ano 2020 dando un importante xiro na súa carreira
deportiva. Dende o día 2 de xaneiro exerce xa como primeiro adestrador do Agrupación Deportiva de Baloncesto Avilés (ADBA), club que milita na liga Femenina-2, antesala da 1ª división femenina, a máxima categoría do baloncesto nacional. Na actualidade estaba coas categorías inferiores do club e coordinaba as escolas de baloncesto de Baio.


Nesta nova etapa, o adestrador carballés ten o difícil reto de manter a categoría nun equipo que actualmente vai penúltimo, cuna sola victoria no que vai de liga. Reto maiúsculo porque enfrente terá a equipos dun gran nivel nacional, como por exemplo o Movistar Estudiantes (chega a xuntar a máis de 10.000 seguidores no seu pavillón) e históricos do baloncesto galego, como o Baxi Ferrol de Lino López, o Celta de Cris Cantero, o Cortegada  de Rubén Domínguez ou o Arxil de Pontevedra.

O debut para Iván Villaverde será este sábado día 11 de xaneiro na pista de Galdakao (Bizkaia) para xogar a partir das sete frente ó equipo local, o GDKO Ibaizabal, equipo que vai segundo na clasificación.
 
Para máis información consultar os seguintes enlaces:




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...