martes, 7 de enero de 2020

Noraboa a Mateo Cambón Domínguez pola súa participación no Campeonato de España en Huelva


SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA





Mateo Cambón Domíguez, larachés, e xogador do equipo infantil Carnicería Daniel Artai participou coa Selección Galega en categoría Infantil Masculina no Campeonato de Seleccións Autonómicas que tivo lugar en Huelva dende o día 1 ata o 8 de xaneiro de 2020. Inmellorable a traxectoria do combinado galego, vencedor nos seis partidos xogados o que lles permitiu o ascenso a categoría especial para o ano 2021. Os resultados foron os seguintes (pódense consultar as estadísticas picando no marcador)

  • Venres 3 de xaneiro no pavillón Plus Ultra de Palos contra Castela-A Mancha ás 13:30 horas. Victoria por54-94. Foi o mellor partido de Mateo, sendo o máximo anotador do partido con 15 puntos.
  • Sábado 4 de xaneiro no pavillón Cortés Medina de Lepe contra País Vasco ás 17:30 horas.Victoria por 81-47
  • Domingo 5 de xaneiro no pavillón Cortes Estrada Huelva dous partidos; ás 11:30 horas contra Ceuta con victoria por 4-55 e ás 19:30 horas contra Melilla.Victoria por 80-41
Nas semifinais polo ascenso ó grupo especial (as oito mellores seleccións) venceron a Extremadura por 67-48 o luns seis de xaneiro e na final, disputada o martes día 7,  gañaron a Murcia por 80-66.

















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...