martes, 4 de diciembre de 2018

Presentación do III Memorial Loli Varela hoxe no Concello ás 12:00



III MEMORIAL LOLI VARELA

Este ano volvemos a celebrar o merecido homenaxe e recoñecemento a Loli Varela, unha das figuras máis destacadas do mundo asociativo e deportivo do concello, impulsora de moitas das actividades deportivas que se realizan no noso concello e nas que ela tivo unha parte moi destacada. A súa labor na sección de balonmán de  Xiria, no Club Baloncesto Artai, na creación de Un Paso Máis son só algunhas das iniciativas nas que formou parte pero quedan pequeñas para falar da súa valía humana. Este ano desgraciadamente tampouco podemos contar co seu marido, Fidel Nión, falecido fai uns meses. Ambos serán lembrados no día do Memorial
  1.  Data
O día escollido para a celebración do Memorial é o xoves 6  de decembro.
  1. Lugar
O pavillón onde terá lugar o Memorial será o pavillón da Zona Escolar.
  1. Horario do Memorial
Serán catro os partidos de baloncesto da xornada:
  • 10:00 horas-Infantil masculino: CB Artai-CB Laracha
  • 12:00 horas-Cadete masculino: Carballo a un Paso Artai EBX-CB Santo Domingo de Betanzos
  • 16:00 horas-Infantil femenino: CB Artai-EBX Nordata
  • 17:30 horas- Entrega de agasallos e trofeos por parte das entidades organizadoras a Sara Nión, filla de Loli Varela e Fidel Nión.
  • 18:00 horas-Junior femenino: Carnicería Daniel Artai EBX-Básquet Coruña
  1. Organización
Carballo Deporte, Concello de Carballo, Centro Artai e Club Baloncesto Artai
  1. Colaboración
Federación Galega de Baloncesto, Carballo Basket, Balonmán Xiria, Un Paso Máis, Deputación da Coruña, Deporte Galego, Conservas Calvo e Gadis.
  1. Presentación
O acto de presentación terá lugar o martes 4 de decembro ás 12:00 horas no Concello de Carballo. Na presentación estarán presentes Evencio Ferrero ,alcalde do Concello de Carballo, Macarena Mato, directora do Centro Plurilingüe Artai, César García de Seárez,representante de Gadis, Joaquín Moreira, presidente do CB Artai, Manolo Cantelar, presidente de Un Paso Máis, Arturo Ferraces, director deportivo de Carballo Básquet e José Antonio Rodríguez, directivo de Balonmán Xiria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...