martes, 25 de diciembre de 2018

Mario Penedo Varela coa selección galega no campeonato de España en Huelva


  • SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA
Mario Penedo Varela foi seleccionado para acudir coa Selección Galega en categoría Infantil Masculina ao Campionato de Seleccións Autonómicas que terá lugar en Huelva dende o día 1 ata o 8 de xaneiro de 2019. Todo un logro para o o xoven deportista carballés que fai dúas temporadas participou no Campeonato de España en categoría minibasket .Mario forma parte da plantilla infantil do C B Artai aínda que tamén participa co equipo cadete masculino

Todos os xogadores convocados están citados ás 23:15h do martes 1 de xaneiro para aqueles que se integren ao grupo de viaxe en Santiago e ás 00:15h. para os xogadores que se sumen a expedición na localidade de Ourense.

A concentración rematará ás 06:00h.00 do martes dia 8 de xaneiro para os xogadores que abandoen a expedición na localidade de Ourense e as 07:00h na localidade de Santiago, horarios establecido para poder recoller aos xogadores nos lugares relacionados a continuación.

O aloxamento en Huelva correrá a cargo da FGB e a farase no Hotel Barceló Punta Umbría Beach Resort.

Complicado o grupo no que está a selección galega, coas grandes favoritas para alzarse co campeonato de España: Comunidade de Valencia, Andalucía ,País Vasco e Madrid. Ademáis un calendario caprichoso para o combinado galego:

  • Galicia contra Valencia o día 3 de xaneiro ás 09:30 horas
  • Galicia contra Andalucía o día 3 de xaneiro ás 17:30 horas
  • Galicia contra País Vasco o día 5 de xaneiro ás 09:30 horas
  • Galicia contra Madrid o día 5 de xaneiro ás 17:30 horas
  • Os cruces disputanse o día de Reis, o 6 de xaneiro.
  • As finais disputanse o día 7 de xaneiro.

Antes de partir para terras onubenses, a selección xa estivo concentrada en Marín os días 22 e 23 de decembro e faráno mesmo os días 27 e 28.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...