sábado, 27 de octubre de 2018

Infantil masculino: debut e victoria para os infantiles na pista de Santa María del Mar: 46 a 60




INFANTIL MASCULINO. 2ª DIVISION 1ª FASE. XORNADA 1

SANTA MARÍA DEL MAR 46 - C.B.ARTAI 60

PARCIAIS POR CUARTO: 14-13,9--18, 8-17, 15-12

MARCADOR: 14-13, 23-31,31-48,46 -60

ARBITROS: O colexiado Alonso de A Coruña, amonestou con 14 faltas os xogadores da Coruña e con 16 faltas os xogadores artaicos. Ben na sua labor nun partido sen complicacións e sen demasiados contactos.

SANTA MARÍA DEL MAR (14,9,8,15): Orejón(17), Cabaña(2), Carballal(2), Garrido(10), Freire(8) – cinco inicial – García, Ouviña(5) e Oreiro(2).

C.B. ARTAI (13+18+17+12): Ramiro(12), Cambón(4), Mateo(12), Borja(12), Rodrigo(12) – cinco inicial – Pablo(4), Óscar(4) e Pepe.

INCIDENCIAS. Primeiro partido de liga para os infantís do colexio e pelexada victoria a domicilio na cancha colexial de Santa María del Mar na Coruña.

Partido difícil para os azuis debido as tres baixas que presentaba a plantilla para esta cita, pero despois dun primer cuarto con intercambio de canastas e soltos os nervios iniciais da competición, os azuis dominaron o tempo do partido e cun final de primeira parte espectacular con varios roubos de balón e boas finalizacións o contraataque acadaron os de Carballo unha diferenza de 8 puntos no luminoso que deixaba encarrilado o partido na segunda metade. Na reanudación os colexiais moito máis metidos no partido acadaban unha ventaxa de 17 puntos deixando xa o partido sentenciado a través dun gran xogo colectivo, onde hasta 4 xogadores pasaban na sua anotación individual dos 10 puntos.
O equipo da Coruña nos instantes finais do encontro recortou diferenzas despois duns erros do equipo de Diego Rivas e Sergio Pose como consecuencia do esforzo e cansancio dos seus xogadores.
Bo inicio de liga para os colexiais que se estrenan na categoría cunha xusta e traballada victoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...