lunes, 29 de octubre de 2018

Apúntate para ver o Monbus Obradoiro contra Kirolbet Baskonia o próximo 25 de novembro


O próximo Domingo 25 de Novembro de 2018 , a Escola Basket Xiria e CB Artai organiza unha viaxe ó partido de ACB entre o Obradoiro CAB e o Kirolbet Baskonia, que se disputa ás 17:00 horas no pavillón do Sar en Santiago de Compostela. Será unha experiencia inolvidable para os rapaces e rapazas da Escola Basket Xiria, CB Artai e asociados. Ademáis, dous equipos poderán xogar no descanso do partido, ante máis de 5.000 siaeiros.
Para esta viaxe, contaremos con AUTOBUSES que sairán da Praza do Concello de Carballo onde nos faremos unha fotografía da saída ás 14:45 horas no campo de Basket da praza do Concello. Logo sairemos ás 15:00 horas para estar no Pavillón a iso das 16:15 horas e poder ver quentar ó equipo. As entradas repartiranse durante a viaxe en Autobús o una entrada do Pavillón.
Unha vez finalizado o encontro, o autobús retornará de novo á praza do Concello, aproximadamente ás 19:00 horas.
Non se permite entrar no pavillón con bebida ou comida. Dentro hai lugares para poder mercar auga, refrescos e comida.
O PREZO DO AUTOBÚS MÁIS A ENTRADA Ó PARTIDO, É DE 10 EUROS PARA ABONADOS DA ESCOLA BASKET XIRIA, CB ARTAI E ASOCIADOS A ENTIDADES SOCIAIS. PARA O RESTO, O PREZO É DE 20 EUROS.
PODE ASISTIR CALQUER AFICIONADO Ó BASKET
Se asisten varias persoas, deben cubrir varias veces o formulario. Confirmaremos a reserva de entrada por Email
As prazas do autobús serán asignadas por orde de inscripción
RESERVA XA A TÚA PRAZA!!!.

Entra neste enlace para reservar praza:http://bit.ly/EBXARTAIOBRA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...