miércoles, 6 de junio de 2018

Xornadas de captación de xogadores


XORNADAS DE CAPTACIÓN DE XÓVENES PROMESAS DO BASKET EN BERGANTIÑOS

O luns  4 de Xuño, celebrábase unha reunión entre os coordinadores dos Clubs máis importantes da Comarca de Bergantiños: Carballo Basket Xiria, CB Artai, Laracha Basket Xiria, Escolas Municipais de Ponteceso e de Zas, reuníanse para planificar a tempada 2018/2019.

Froito desa xuntanza, planificáronse unhas xornadas de Captación de Xóvenes Promesas do Basket en Bergantiños:

  • Xeración 2001-2002 - Femenino: Luns 18 de Xuño ás 20:30 horas no IES Parga Pondal, Carballo
  • Xeración 2001-2002 - Masculino: Luns 18 de Xuño ás 20:30 horas no Pavillón de Monteneme, Carballo
  • Xeración 2003-2004 – Femenino: Luns 18 de Xuño ás 19:00 horas no IES Parga Pondal, Carballo
  • Xeración 2003-2004 - Masculino: Luns 18 de Xuño ás 19:00 horas no Pavillón de Monteneme, Carballo
  • Xeración 2005-2006 – Femenino: Martes 19 de Xuño ás 19:00 horas no IES Parga Pondal, Carballo
  • Xeración 2005-2006 - Masculino: Martes 19 de Xuño ás 19:00 horas no Pavillón de Monteneme, Carballo

A idea é poder realizar uns adestramentos abertos a todos os interesados en participar no proxecto común do Basket en Bergantiños, para desta forma poder conformar os equipos de cara á tempada 2018-2019, que se presenta moi ilusionante.
O obxectivo destes adestramentos, é facer seguimento personalizado dos xogadores, atendendo ó seu nivel formativo e de compromiso grupal.
Os adestramentos estarán coordinados por adestradores como Arturo Ferraces, Joaquín Moreira, Iván Villaverde, Alberto García ,Jordi Villar,Pablo Moreira Roi Vega, Javier Cotelo, Basilio Pampín , Héctor Añón, ou Javi Varela, entre otros.

Para máis información acerca destas xornadas, poden contactar con Arturo Ferraces, Director Deportivo de Escola Basket Xiria, no teléfono 607847925 ou por mail en club@carballobasket.es ou ben dirixirse ó Centro Artai a través do teléfono 981703260.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...