miércoles, 20 de junio de 2018

Mario Penedo Varela, no PDC do sábado en Noia


CONVOCATORIA PDC AUTONÓMICO


Mario Penedo Varela foi seleccionado para acudir ao PDC AUTONÓMICO 2005 MASCULINO que terá lugar en Noia o sábado día 23 de xuño de 2018 ás 09:30h no Pavillón Alonso Rodríguez. Dita actividade está dirixida a xogadores nados no ano 2005 e serve coma seguemento da dinámica que realiza a Area Deportiva nas distintas Areas Xeográficas durante toda a temporada, e co obxectivo de manter o control e seguemento sobre eles.
 As sesións de adestramento, serán dirixidas por técnicos integrados na Area Deportiva da FGB de 10:00 a 12:00h e de 16:00h a 18:00h.
A manutención correrá por conta da Fgb nun restaurante cercano ao pavillón de adestramentos. Todos os xogadores convocados están ás 09:30h e a recollerán as 18:30h no citado pavillón. Os convocados deberán vir provistos de roupa deportiva axeitada para o adestramento e a ducha.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Horarios da xornada

EQUIPO Competición Xornada Rival Lugar Día/hora Senior masculino Calvo Art...