martes, 5 de junio de 2018

O domingo 10 de xuño, Día do Adestrador na Coruña

Aberto a todos os adestradores que desexen participar e compartir formación cun bloque de técnicos de talla
nacional e internacional que liderará Antonio Pérez Caínzos como responsable do global da actividade; o #DiaDoAdestrador buscará a convivencia de todos eles conseguindo a sinerxía necesaria para intercambio de contidos e experiencias.
A continuación, detallamos os seus obxectivos, os requisitos para a inscrición e o programa da actividade, da que se agarda unha grande acollida por todos os técnicos de Galicia. 
#DiaDoAdestrador
Data: 10/06/18
Sede: SPORTING CLUB CASINO (A Coruña)
ESTRUTURA E CARACTERÍSTICAS
OBXECTIVO: Dinamizar unha actividade multidisciplinar desde distintos enfoques en base a exposición de ideas, liñas de traballo independentes, postas en común e actividades globais.
CARACTERÍSTICAS
XORNADA MATINAL
Tres bloques independentes (INDIVIDUAL, COLECTIVO, DIRECCIÓN) con tres relatorios cada unha deles.
Tres franxas horarias idénticas para cada bloque e en tres espazos independentes.
Cada adestrador inscrito elixirá tres relatorios aos que acudir de xeito voluntario, unha en cada franxa horaria. En ningún caso poderase cambiar de relatorio dentro de una mesma franxa horaria, respectando o inicio e o final da que se elixiu.
XANTAR: terá lugar no Resturante Boavista, no ático das instalacións.
XORNADA VESPERTINA
POSTA EN CÓMUN: realizarase nas mesmas salas que na xornada matinal. A asistencia a cada un será voluntaria por parte do adestrador pero sen poder abandonar a mesma ata o final do debate.
MASTER CLASS E VISIONADO- ANALISIS COMENTADO serán actividades globais e de asistencia de todo o grupo. Desenvolveranse no Salón de Actos.
INSCRICIÓN
O custo de inscrición na xornada é de 30 € (inclúe o xantar).
O pago farase por ingreso bancario na conta: IBAN ES96 - Nº CONTA: 2100/1455/14/0200227406.
A inscrición debe materializarse antes do 7 de xuño mediante envío de correo aadestradores@fegaba..com cos datos persoais e o xustificante de pago.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...