Maurizio Cremonini, protagonista de luxo para o VIII Claustro Docente FGB
O "Claustro Docente FGB", que o vindeiro mes de xuño celebra en Carballo a súa oitava edición, contará coa participación de excepción de Mauricio Cremonini, covertindo esta actividade na primeira de rango internacional que a Federación Galega de Baloncesto organiza co Minibasket como eixo e punto de referencia das catro charlas prácticas programadas para a ocasión.
A presenza en Galicia de MAURIZIO CREMONINI o vindeiro sábado, 9 de xuño; é un momento único na historia recente das actividades formativas para adestradores.
Responsable da Área de Minibasket da Federación Italiana de Baloncesto desde 2001, Cremonini é un experto de primeiro nivel nesta modalidade a escala europea e con máis de corenta anos de vinculación á mesma. Ademais, é autor de numerosas publicacións e guías técnicas sobre o Minibasket, de proxectos sobre Educación Deportiva en Primaria e relator en multitude de clinics de ámbito europeo.
O seu coñecemento do medio e a implementación dos recursos individuais do neno ao xogo, dotan á súa metodoloxía dun selo moi particular tendo en conta a psicomotricidade e a particularidade desas idades.
Coa súa visita a Carballo agasallaranos, por partida dobre, con dúas intervencións en pista (12:30 h e 18:15 horas), nas que para, aqueles interesados que desex ser testemuña das mesmas poden inscribirse de xeito gratuíto mediante envío, antes do seis de xuño, de correo electrónico a adestradores@fegaba.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario