lunes, 13 de abril de 2015

Foto oficial do club

O próximo mércores, 15 de abril, faremos a foto oficial do club e as fotos de cada un dos once equipos nesta temporada 2014/2015. A sesión fotográfica será a partir das 17:30 horas nas instalacións do colexio Artai.
O club carballés moviliza esta temporada a un total de once equipos divididos  nas seguintes categorías:
·         1 equipo junior  masculino que milita en liga galega: 9 xogadores
·         1 equipo junior masculino compartido con EB Xiria que milita en liga provincial: 13 xogadores
·         1 equipo cadete  masculino que milita en liga provincial: 14 xogadores
·         1 equipo cadete femenino que milita en liga provincial: 8 xogadores
·         1 equipo infantil masculino que milita en liga galega: 12 xogadores
·         1 equipo infantil femenino que milita en liga provincial:8 xogadoras
·         1 equipo alevín masculino que milita en liga provincial: 10 xogadores
·         1 equipo alevín mixto que milita en liga provincial : 10 xogadores
·         3 equipos benxamíns en liga provincial: 36 xogadores
O club conta coa seguinte plantilla de adestradores: Diego Rivas (coordinador dos cinco equipos alevíns e benxamíns),Anxo Blanco, Juan López e Pablo Moreira (adestradores dos equipos alevíns e benxamíns), Jordi Iglesias (segundo adestrador dos junior e do cadete masculino), Iván Villaverde (adestrador do infantil masculino e cadete femenino), Fran Cristóbal ( adestrador do infantil femenino),Javier Varela (adestrador do cadete masculino) Javier Cotelo ( adestrador dos equipo junior de liga galega) e Joaquín Moreira (adestrador do junior de liga provincial).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...