sábado, 15 de febrero de 2014

Gran victoria dos junior nun partido vital para a permanencia ante Cenor Cluny:75 a 61

LIGA GALLEGA JUNIOR MASCULINO-JORNADA 13



C.B. ARTAI–75 CENOR CLUNY - 61
CB Artai (15+15+26+19):Carlos, Marcos 2, Manu 10 (1t), Jorge 32 (5t) e Xabi 18 (1t)- QUINTETO INICIAL- Alberto, Pablo, Jaime 3, Moreira 8, Dani 2, Aitor
Cenor Cluny (13+16+16+16): Souto 2, López 18 (1t), Landeira 15(1t), Ares 15 e Pérez QUINTETO INICIAL Garcia, Pereira e Miguez
Parciais:  15-13, 30-29, 56-45 e 75-61
Arbitros:Seguin e Sobrino, ambos da Coruña. Os colexiados estiveron ben, 23 faltas os locales e 18 os visitantes, sendo eliminados López e Pérez do equipo santiagues por 5 faltas no ultimo cuarto.

Incidencias: Partido decisivo para a permanencia do equipo de Carballo na liga galega de primeira división onde os carballeses precisaban gañar por una diferencia de mais de sete puntos ara recuperar o basket average que no partido de ida en Santiago fora de 73 a 66, nun dos partidos mais accidentados da temporada.Por tal motivo, boa asistencia de aficionados nas gradas do pavillón da Zona Escolar. 
Nesta ocasión os rapaces de Javier Cotelo non fallaron e cunha defensa moi intensa dende o primeiro momento paralizaron os xogadores importantes do equipo da capital. O partido foi igualado pero os xogadores de Cotelo sempre foron por diante no electrónico, con diferencias máximas de 8 puntos, ata que no terceiro e cuarto cuarto, cando o equipo o precisaba máis, un acertado Jorge anotaba cinco triplas case consecutivos que romperon o marcador e que foron suficientes para chegar o final do encontro cunha vantaxe moi cómoda e que anulaba o tanteo do partido de ida.

Agora os carballeses sitúanse a unha vitoria de diferencia co equipo de Compañía de Santiago co cal perderon na primeira volta en Carballo de 3 puntos. O próximo rival dos carballeses e o todo poderoso Marín outro equipo chamado a facer un bo papel no campionato de clubes de España o vindeiro abril na localidade pontevedresa de Marín.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...