domingo, 24 de noviembre de 2013

Unha tripla dende oito metros de Manu da a victoria ós junior en Porriño

LIGA GALLEGA JUNIOR-JORNADA 4


Porriño BB, 80CB Artai ,82

PBB A 80 CASAL 11 (1T), SAMARTIN 27(1T), BASTOS 13 (4T) ALONSO 5 E FILGUEIRAS 11 (2T) – QUINTENTO INICIAL SIO 5, PEREZ 6, LOSADA E GREVA
C.B. ARTAI 82 MANU 14(2T), XOEL 3, DRESMA 16 (1T), GUILLAMET 15(2T) e XABI 15 – QUINTENTO INICIAL- MARCOS, DANI 4,  PABLO 2, JAIME 4 e ALBERTO
PARCIALES 23-14, 44-27, 59-52 E 80-82
ÁRBITROS: SEOANE E SORIANO. Discutidos por ambas aficiones.  Sinalaron 21 faltas os locais e 19 os visitantes (eliminando a Dresma por 5 faltas)
Os carballeses enfrontábanse a un dos equipos fortes da liga, coa necesidade de comezar a gañar partidos para abandonar a zona baixa da clasificación. Dende o comezo os de Javier Cotelo saíron moi concentrados pero nada puideron facer contra un ataque demoledor dos pupilos de de Darío Mendez, que estaban intratables dende mais ala da liña de 6,75 metendo 5 de 6 intentos.

Foron os locais por diante dende o comezo a pesar da gran defensa dos colexiais, pero non deixaron de loitar e seguiron defendendo e correndo recuperando a esencia, deste equipo, pelexar cada balón e non ceder nin un centímetro no seu terreo. Isto non se viu recompensado co acerto de cara o aro rival. O que provocou unha fenda no electrónico de dez puntos ó remate do segundo período.

Na reanudación aínda saíron mais enchufados os locais e os de Carballo, con varios xogadores cargados polas faltas persoais, non puideron mais que ver como a diferencia chegaba os 21 puntos con cinco minutos desputados. Foi nun tempo morto onde se plantexou un cambio na estratexia defensiva, pasando a defender unha defensa zonal pero moi presionante sobre os tiradores locais que  conseguiu bloquear o ataque dos locais e proporcionoulle tamén a posibilidade de poder correr e anotar bandexas fáciles.
Pouco a pouco os carballeses viñéronse arriba e apareceron os “cañoneros” Jorge con dúas triples case seguidas e Dresma dende a pintura, acompañados dun  Xabier moi enchufado en ataque e intenso na defensa e lograron poñerse a falta de 26 segundos un  punto arriba. Os locais forzaron unha falta a dous segundos para o final, anotando os tires libres colocándose un punto por riba. Tempo morto de Javi Cotelo para poder sacar dende pista dianteira e organizar unha xogada que rematou cunha tripla dende mais de 8 metros de Manu Pereira que levantou dos asentos a todo o público e os banquillos. Xusta vitoria dos carballeses que lles da alas para enfrontárense a vindeira semana a un potente Basket Coruña o domingo no pavillón da zona escolar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...