domingo, 10 de noviembre de 2013

Derrota dos junior en Santiago por 73 a 66

LIGA GALEGA JUNIOR MASCULINO-XORNADA 2

CENOR CLUNY, 73-CB ARTAI, 66
CENOR CLUNY 73 GONZALEZ 9(1T), SOUTO 7(1T), LÓPEZ 15(1T), CASTRO 5 e LANDEIRA 27(5) – QUINTETO INICIAL- ARES 3, PEREIRA 7, PEREZ 1 e ROCHA
C.B. ARTAI 66 MANU 21(3T), CARLOS, DRESMA 9, GUILLAMET 10(1T) e XABI 12 – QUINTENTO INICIAL- MOREIRA 2, MARCOS, DANI 3, XOEL 9(1T), PABLO, JAIME e ALBERTO
PARCIALES 16-12, 40-23, 54-47 e 77-66
ÁRBITROS: SEOANE E SORIANO. Moi mal para ambos equipos, demostrando un afán de protagonista que provocou un desconcerto constante durante todo encontro. Descoñecemento do regulamento e prepotencia. Magoa. Sinalaron 21 faltas os locais e 27 os visitantes (dúas técnicas).
O encontro foi o que se esperaba entre dous rivais con forzas similares e que buscan conseguir o antes posible as vitorias suficientes para salvar a categoría. Foi duro no xogo e emocionante ata o final. Os carballeses comezaban con mal pe e encaixaban un parcial 12-4 que foi moi difícil de recuperar; os erros nos tiros libres e canastras fáciles, sumado o acerto anotador dende mais ala da liña de 6,75 fixeron que se chegara o descanso cun marcador 40-23.
Na reanudación do encontro os homes de Javier Cotelo fixeron o que mellor saben facer, defender en presión e recuperáronse chegando a estar o remate do terceiro cuarto a so 7 puntos que foron so catro no minuto 3 do ultimo cuarto. Os erros nos tiros libres e a precipitación nos minutos finais evitaron que os carballeses sumaran a primeira vitoria da tempada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...