4º XORNADA INFANTIL FEMENINO 2ª DIVISION 2ª FASE
BBCA 33 - ARTAI 54
PARCIAIS POR CUARTO: 1-8, 6--11, 15-20, 11-15
MARCADOR: 1-8, 7-19,22-39,33 -54
ARBITROS: Os colexiados Romero y Flores, ambos de Ferrol, amonestaron con 9 faltas as xogadoras ferrolanas e con 10 faltas as xogadoras artaicas. Ben na sua labor nun partido sen complicacións.
BBCA (1+6+15+11): López(3), Muñoz, Cernuda(5), Carballo(6), Bello(8) – cinco inicial – López, Vázquez, Grandal(2), Rey(9), Vigo e Vilasuso.
C.B. ARTAI (8+11+20+15): Inés(4),Paula Suárez(2), Elena Couto(21, 1t), Alba(8), Uxía(9) – cinco inicial – Helena Rodríguez, Laura Borrazás e Iría(10).
INCIDENCIAS. Cuarta xornada desta segunda fase da competición para as xogadoras de Carballo e cuarta victoria que as sitúan no alto da clasificación.
O partido comenzou con moitas precaucións por parte dos dous equipos e mostra diso foron os minutos iniciais onde o marcador reflexaba 0-0, unha vez soltados os nervios e os medos as xogadoras artaicas, comezaron a anotar canastas con facilidade tras rápidos movementos de balón e continuaron o cuarto cunha moi boa defensa, deixando as de Ferrol en 1 punto, anotando un so tiro libre nese primeiro cuarto.
Nos seguintes períodos as colexiais funcionaron como equipo e lideras no apartado anotador por Elena Couto lograban afastarse no marcador mantendo sempre o partido controlado.
Boa aportación das 8 xogadoras desplazadas a A Malata no aspecto ofensivo pero sobre todo no apartado defensivo, onde deixaron o equipo rival en 7 puntos na primeira metade.
A próxima semana as artaicas xogaran en Carballo contra Los Rosales, onde xogaranse a primeira plaza do grupo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario