lunes, 23 de abril de 2018

Derrota dos senior en Villalba: 67 a 63

COPA PRIMAVERA CORUÑA SENIOR-XORNADA 1


RESTAURANTE MONTERO  TERRA CHA 67 ARTAI 63

PARCIAIS POR CUARTO: 16-15, 9-17, 27-14, 15-19

RESTAURANTE MONTERO TERRA CHA (16+9+27+15): Sánchez, R (10), Casal, A (5), Alonso, G (4), Seco. L (14), Martínez, R(4), Porto. J (2), Novo, D (4), Real, J (), Martínez, A (4), Bergantiños, L(10), Fernández, N(6) e  Fernández, D(4)


C.B. ARTAI (15+17+14+19) : Jaime Sueiro (8), Samuel Iglesias (2), Abraham Parcero(3), Alessandro Perez(8) Fernando Mariño (10),Sergio Cebral (6), Adrian Rey (2), Bruno Calviño(14), Diego Mallo(4), Iván Cancela(1), Andrés Puente (2).,Pedro Trigo(5). Marcos e Dani non convocados.



ARBITROS: colexiados Dego, D (440) e Perez, D (720) do comité lucense. Moi cuestionados por ambos equipos nas suas decisións. Moitos paróns de xogo que levaron o partido a case as duas horas de duración. Unha vez máis a labor arbitral é protagonista por riva do importante que é o baloncesto.

INCIDENCIAS. Partido correspondente a segunda xornada da Copa Coruña de baloncesto da terceira division senior masculina,
Era este o primeiro partido para o clube carballés nesta a súa primeira Copa Coruñesa xa que na primeira xornada descansaron.
O enfrontamento era contra o cuarto clasificado da fase regular na que os carballeses habían obtido a terceira posición, o que daba idea do reñido que ia ser o encontro a pesar de que na fase anterior os dous partidos caeran do lado do Artai.
Comezou o primeiro cuarto con bos ataques polos visitantes, que non culminaron en canasta, o que provocou que o Vilalba conseguirá adiantarse no marcador cun 5-0 inicial.
Pouco a pouco o equipo foi entrando no partido, pero de modo irregular, non permitindo obter vantaxas comodas e indose o descanso do primeiro cuarto cun minimo tanteo a favor de 16-15.
O segundo cuarto mostrou máis do mesmo, moitas imprecisión por parte de ámbolos equipos e moitos paróns de xogos propicionados polas numerosas faltas e charlas dos colexiados cos xogadores e adestradores, que non facían máis que enfríar o xogo. Saliu beneficiado de todo isto o clube visitante, que endosou un parcial 9-17 e puido irse o descanso cunha diferencia a favor de 7 puntos.
Comezou a segunda parte cun Artai descentrado en defensa que permitiu o Terra Cha empatar o partido posteriormente poñerse por diante cun parcial de 27-14.
O ultimo cuarto gracias o acerto de Jaime e Cebral chegouse a falta de 4 minutos cun tanteo de 60-59 a favor dos locais e con todo por decidir.
A mala fortuna nos tiros libres e algún lanzamento sinxelo errado, serviu en bandexa a victoria o equipo local, que lidera o grupo de acceso a fase final da Copa con dúas victorias e ningunha derrota.
O próximo partido sera o próximo sábado no pabellón Vila o sábado ás catro da tarde contra Oleiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...